SAÍDA CULTURAL A LUGO E VILALBA
O día 23 de maio, o alumnado de 5ª e 6º de primaria visitamos o Museo Provincial de Lugo, percorrendo con especial interese aquelas estancias nas que se expoñían restos da época romana.
Máis tarde, na Casa dos Mosaicos e no Centro de Interpretación da Muralla completamos a nosa aprendizaxe sobre a romanización.
Unha breve visita á muralla e o xantar nas Termas completaron unha mañá interesante e educativa.
Pola tarde, e como complemento á actividade realizada na clase con técnicos das denominacións de orixe San Simón da Costa, Arzúa-Ulloa e Tetilla, nas instalacións da queixería CASLEIRAS (Oleiros-Vilalba) o seu propietario explicounos polo miúdo o proceso de elaboración do queixo que fabrica: San Simón e tipo Arzúa-Ulloa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O teu comentario será revisado e publicado en breve.
Grazas pola túa participación.