Por que se celebra o 23 de abril en todo o mundo o día internacional do libro?
Porque un 23 de abril de 1616 morrían dous grandes escritores , Cervantes e Shakespeare. Por iso esta data foi escollida pola Conferencia Xeral da Unesco para homenaxear o libro, os seus autores e para animar aos máis xóvenes a descubrir o placer da lectura. Algo curioso é que a idea orixinal desta celebración nace en Cataluña da man do escritor valenciano Vicente Clavel Andrés, en Cataluña este día coincide con San Xurxo ( San Jorge, Sant Jordi) e a tradición di que se debe regalar unha rosa e un libro.
AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGÚNS XOGOS E ACTIVIDADES, ÁNIMO MERECE A PENA:
Se pinchas na imaxe podes ver unha aventura de don Quixote e facer moitos xogos como colorear, parellas, seguir os puntos, rescatar a Dulcinea, sopa de letras,....
´
Se pinchas na imaxe poderás facer moitos puzzles, personaxes, parellas,......
Recorda que podes inventar un conto con Pancho, pincha na imaxe e deixa voar a imaxinación escollendo escenarios, poñendo título ao teu libro, escollendo personaxes e incluso escribindo a historia.
Let's read!!!!
ResponderEliminar