O vindeiro martes, 14 de febreiro, ás 17, 30 horas, celebraremos unha nova sesión da nosa Escola de Familias.
Nesta ocasión o tema a tratar vai sobre "Os accidentes domésticos máis comúns, febre e vómitos," coa finalidade de facilitar unhas pautas básicas de actuación en caso de accidentes no fogar e outras situacións habituais como febre ou vómitos
Como sempre, teredes ocasión de comentar, preguntar, aclarar calquera dúbida, curiosidade ou preocupación con María Varela Manso, médico da Área Sanitaria de Ferrol e pediatra no centro de saúde da nosa vila.
Por suposto, está aberta a todo o mundo, tanto ás familias do noso centro como a persoas interesadas no tema, aínda que non pertenzan á nosa comunidade educativa.
Esperamos que vos guste!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O teu comentario será revisado e publicado en breve.
Grazas pola túa participación.