Os LARPEIR@S DA FROITA DA FRAGA volveron desfrutar deste rico e san manxar durante
unha semana de marzo.
Ó longo deste mes fixemos un montón de actividades, entre elas, receitas creativas con froitas que despois
comemos...
-
Os nenos e nenas de 4º montaron un ourizo e un pavo
real con peras e uvas.
-
Os pequenos/as e
maiores de Intantil (3 e 5anos) fixeron flores con plátanos e fresas.
-
Os alumnos/as de 4 anos deron vida a ratos e xoaniñas.
E tamén investigaron sobre as froitas típicas do inverno, cuxas principais ideas plasmaron posterioremente nun mural que se pode visitar no corredor do colexio.
E non podemos olvidar a familia dos bolechas que nos ensinaron a facer unha merenda moi variada con vexetais de todas as cores.
"- Hum! Os productos da horta están deliciosos."