data escollida porque coincide coa morte de grandes escritores como Cervantes e Shakespeare.
A idea orixnal desta celebración nace en Cataluña onde se celebra o Sant Jordi, San Xurxo, San Jorge, e a tradición di que se debe regalar unha rosa e un libro.
CANTO MÁIS LEDES,
MÁIS IMAXINACIÓN TEREDES
E MÁIS COUSAS SABEREDES.
Crea a túa historia de san Xurxo, escolle diferentes escenarios, personaxes, pon diálogos e incluso dalle animación.
Pincha nas imaxes para coñecer cousas de don Quixote, ver vídeos, xogos,..........
Pincha para ver contos de Hans Christian Andersen.
Co gallo do Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril) e do Día do Libro (23 de abril) estanse a celebrar no cole sesións de contacontos polo alumnado de 5º e 6º EP.
Estabamos a traballar o temas de rochas e minerais, cando Aitana comentounos que trouxera unha colección de minerais que tiña na casa, xunto cun par de libros.
Entón animouse a facer unha pequena charla-exposición dos minerais que trouxo e saíu fantástica, encantounos a todos, e iso que foi totalmente improvisada!!!
Bravo, Aitana, tanto por traernos os teus minerais e libros como polo ben que o fixeches improvisando a túa charla!!
Esperamos que pronto nos sorprendas con outras cousas!!!