Que sorpresa tivemos hoxe!!! Chegou un carteiro de Correos con cartas e regalos que Roel mandaba de Londres. Este Roel é moi viaxeiro, tamén nos mandou un vídeo, mirade, mirade...
Moitas grazas Roel!!
E grazas tamén para o carteiro que nos trouxo esta sorpresa.
Mira a galería de fotos.
Este curso estamos moi viaxeiros. Traballamos o Proxecto A VOLTA AO COLE EN 175 DÍAS
Facemos diferentes dinámicas e actividades con referencia a ese tema.
Así aprendemos un montón de cousas de diferentes países xa que saíndo de As Pontes visitaremos
Londres, París, Hungría,.., Exipto, África, India, China, Xapón, Norteamérica, Centroamérica e Sudamérica.
Cada clase fará diferentes traballos e actividades dunha zona, país ou continente e quedarán expostos polo cole cunha decoración moi especial para poder facer a volta ao cole visitando todos eses países.
Esta data foi establecida pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas o 15 de decembro de 1972. Actualmente celébrase en máis de 100 países.
O lema
"Conectar as persoas coa natureza".
"El Día Mundial del Medio Ambiente 2017 nos anima a salir al aire libre y adentrarnos en los espacios naturales para apreciar su belleza y su valor, y a impulsar el llamamiento a la protección de la Tierra, nuestro hogar común.Reconéctate con la naturaleza, respira la belleza y recuerda que manteniendo al planeta sano, nosotros también permaneceremos saludables."
Dende a clase de Reli traballamos este día e o Día da Terra realizando un gran mural no que representamos unha selva e unha catarata. Recordamos tamén que é a nosa responsabilidade coidar A CREACIÓN.
Un traballo excelente peques e pecas. Aquí tedes as fotos e algún vídeo para reflexionar.
data escollida porque coincide coa morte de grandes escritores como Cervantes e Shakespeare.
A idea orixnal desta celebración nace en Cataluña onde se celebra o Sant Jordi, San Xurxo, San Jorge, e a tradición di que se debe regalar unha rosa e un libro.
CANTO MÁIS LEDES,
MÁIS IMAXINACIÓN TEREDES
E MÁIS COUSAS SABEREDES.
Crea a túa historia de san Xurxo, escolle diferentes escenarios, personaxes, pon diálogos e incluso dalle animación.
Pincha nas imaxes para coñecer cousas de don Quixote, ver vídeos, xogos,..........
Pincha para ver contos de Hans Christian Andersen.
Co gallo do Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril) e do Día do Libro (23 de abril) estanse a celebrar no cole sesións de contacontos polo alumnado de 5º e 6º EP.
Arredor desas datas Nueva York foi escenario de folgas polémicas para aqueles tempos.
Mulleres que reclamaban a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos morreron queimadas nunha fábrica debido as súas peticións.
Neste Día trátase de reflexionar sobre os avances logrados na igualdade home -muller, e celébrase a valentía e determinación de mulleres que foron abrindo camiño.
A ONU propón unha serie de obxectivos a conseguir no 2030. Pincha na imaxe para poder lelos.
No cole para tratar este tema temos unha exposición de