"O tenis", por David Barro, de 2º EP.
David, de 2º EP, preséntanos o seu traballo de investigación sobre o deporte do tenis.
Estupendo, David, un gran traballo!!!
.
Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria. As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
Para aqueles que aínda a estades aprendendo ou para aqueles que xa as sabedes pero queredes repasalas, probade con esta ligazón:
.
O pasado 22 de febreiro os nenos e nenas do 2º e 3º ciclos de E. Primaria fomos ver como se traballaba o liño antigamente... Que interesante!!!
Se queredes podedes ver as fotos nesta
.
Xa sabedes que temos varias actividades diarias a modo de rutina, por exemplo, facemos todos os días un diario viaxeiro, levamos dous diccionarios e unha enciclopedia, varios libros de lectura e máis cousiñas.
Hoxe deunos por grabar as lecturas que facemos cada día a primeira hora. Mirade que interesantes!!!
.
con gallo do Día Mundial da Muller Traballadora o 8 de marzo, hoxe viñeron unhas monitoras do Concello de As Pontes a realizar varias actividades moi chulas cos nenos e nenas de E. Primaria, para entender mellor a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres.
Pasámolo moi ben!!! Podedes ver unhas fotos nesta GALERÍA DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2013
Para a Semana que ven, os peques de E. Infantil terán un contaconto titulo "O país dos mandóns".
Tamén fixemos uns traballiños para aprender máis cousas, e os nenos e nenas de 2º de Primaria puideron colgalos no taboleiro de novas para que todo o mundo lembrase o importante que é o traballo que fan as mulleres. Deixámosvos aquí unha mostra con estas fotografías.
.
#DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...