Xeral de Nacións Unidas aprobou a
Declaración dos Dereitos do Neno. Ningún goberno ou nación pode negar estes dereitos e ninguén pode atentar contra eles en ningunha circunstancia.
En moitos países os nenos están amenazados polas guerras, traballo infantil, explotación sexual e outras violacións dos dereitos humáns.
É unha data que nos fai recordar que un nen@ non é só un ser fráxil que necesita protección, tamén é unha persoa que ten dereito a SER EDUCADO, COIDADO E PROTEXIDO. Dereito a DIVERTIRSE, IR Á ESCOLA, ALIMENTARSE,....O neno é un individuo e membro dunha familia e comunidade, con dereitos e responsabilidades adaptados á etapa do seu desenvolvemento.
Pincha na imaxe para ler o libro dos Bolechas sobre os dereitos da infancia ilustrado por Pepe Carreiro no ano 2006.
E agora cantamos.