Seguimos traballando no invernadoiro!!

Seguimos traballando no invernadoiro. Aquí tedes novas fotos para que vaiades vendo como vai:



Hoxe (domingo 17) retomamos o traballo do invernadoiro e acabamos de colocar o rego.



E tapamos todo cunha malla para que non medre o que non nos interese.



Tamén fixemos un rego no exterior o carón do invernadoiro.




Primeiro quitamos os terróns. Que apilamos no fondo da finca do cole.



A terra estaba dura. Tiña moita pedra.



Voltamos a aproveitar o compos que se fai no cole como esterco.





E asi quedou o rego feito. Vainos dar "grandes" sorpresas. Procurade non pisalo.



Esperamos que vos guste!!!


ANO DE CERVANTES

O 23 de abril cúmprense 400 anos da morte de Miguel de Cervantes,1616-2016. Por iso este ano é considerado Ano Cervantino. Autor da obra máis importante da literatura castelá 
El Quijote


















PINCHA NAS IMAXES PARA LER OS COMICS.


O QUIXOTE PARA INFANTIL



PARA COÑECER A MIGUEL DE CERVANTES, OBRAS, QUIXOTE, PERSONAXES



O XOGO DO QUIXOTE


CANCIÓN E VIDEO




Poñendo en marcha o invernadoiro!!!

Estamos poñendo en marcha o invernadoiro coa inestimable axuda e colaboración de tres papás do cole: Juan, papá de Xandre e Aroa, Toño, papá de Noa e Lois, papá de Artai.

Están facendo un traballo espectacular e para que vexades como están traballando ímosvos poñer unhas fotos e, de paso, poderedes ver como vai evolucionando no tempo.

Así nos comentan Juan, Toño e Lois este fin de semana:


Así estaba onte, sábado 9 de abril. Aproveitamos para mercar e organizar todo para empezar hoxe. 


A vaca Paloma de Laura e Pablo Vispalia deunos esterco.


Laura e Susana Sanmartín déronnos un tubo para facer unha arqueta para o rego.


Sachamos toda a terra. Non estaba moi branda.


Aproveitamos o esterco de Paloma.


E tamen o compós do cole. Pero non todo o que había. Algunhas cousas non tiñan que estar alí.


Despois de sachar e estercar empezamos a colocar o sistema de rego.


Estes foron os nosos compañeiros de viaxe. A ver si Lois nos di como se chaman todos.... 


Lois:
  1. Laya ( ferramenta orixinaria da zona de horta navarra)
  2. Sacha, legoña, legón,
  3. Galleta, forquita, ...
  4. Raño
  5. Ferramenta made un na casa composta por un pequeño raño e unha Sacha de punta
  6. Pala de xardineiro
  7. Pala



O próximo domingo máis!!!




.

OS LARPEIR@S DA FROITA DA FRAGA. 2ª semana


Os LARPEIR@S DA FROITA DA FRAGA volveron desfrutar deste rico e san manxar durante unha semana de marzo.

Ó longo deste mes fixemos un montón de actividades, entre elas, receitas creativas con froitas que despois comemos...

-          Os nenos e nenas de 4º montaron un ourizo e un pavo real con peras e uvas.




-          Os pequenos/as  e maiores de Intantil (3 e 5anos) fixeron flores con plátanos e fresas.



 
-          Os alumnos/as de 4 anos deron vida a ratos e xoaniñas.
 



 
E tamén investigaron sobre as froitas típicas do inverno, cuxas principais ideas plasmaron posterioremente nun mural que se pode visitar no corredor do colexio.



 

E non podemos olvidar a familia dos bolechas que nos ensinaron a facer unha merenda moi variada  con vexetais de todas as cores.
 
 
"- Hum! Os productos da horta están deliciosos."
 

Noa Ferreiro ven de gañar un premio no I Concurso “Mortadelo y Filemón en Fenicia”!!!


A nosa compañeira Noa Ferreiro, de 3º de EP, ven de gañar un premio no I Concurso “Mortadelo y Filemón en Fenicia”!!!.

Decidíu participar neste concurso cando, dende 3º a 6º de Primaria, fomos visitar a exposición "Francisco Ibáñez, el Mago del Humor"  ao Museo do Humor de Fene, o pasado 20 de xaneiro.

Noraboa, Noa!!!


O acto incluíu ademais a presentación do catálogo do certame, unha publicación que recolle os debuxos premiados e que foi elaborado polos usuarios do Centro Ocupacional de Aspaneps de Fene.
A exposición cos debuxos orixinais poderá verse ata o mes de maio na Biblioteca municipal de Fene.

Aquí deixámosvos unhas fotos do acto de entrega de premios.





Felices vacacións.

Feliz Semana Santa e a disfrutar das vacacións peques e pecas! 










Pincha na imaxe para xogar.





























HAPPY ST PATRICK'S DAY!!!

Happy  St. Patrick's Day!











Acabou a Semana da Prensa - 1º EP



Acabou a Semana da Prensa e menudo periódico mural que fixemos entre todos!!.

Para ser de 1º fixémolo moi ben e de seguro que para próximas ocasións facémolo aínda mellor!!

Botádelle unha ollada ao noso vídeo!!




.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...