Aventura por Exipto


Ola peques e pecas, 
comenzamos  a nosa 

AVENTURA  POR  EXIPTO

Coñeceremos a 

Moisés e as plagas de Exipto

E atoparemos moitas cousas:

faraóns,pirámides, esfinxes, rio Nilo, cocodrilos, xeroglíficos
....
estades preparados?

HAKUNA MATATA

PINCHA NAS IMAXES



PODES ESCRIBIR O TEU NOME CON XEROGLÍFICOS







As Fragas do Eume, por Aitana Cazás, 2º EP.








" Parque Natural das Fragas do Eume ", por Aitana Cazás Sanz, de 2º EP.
 
 
Aitana, ven de expoñer o seu traballo de investigación sobre o Parque Natural das Fragas do Eume!!! Ademais, foi facer unha camiñata de modo que contounos todo de primeira man. Impresionante e interesantísimo!!!

Que gran traballo!!! 

Noraboa, Aitana, agardamos o teu seguinte traballo,!!!


















.

O sistema Solar, por Bruno Tojeiro, 2º EP



" O sistema solar ", por Bruno Tojeiro Asenjo, de 2º EP.
 
 
Bruno, presentounos un traballo extraordinario sobre o sistema solar, que complementou o que fixo Naiara, tamén sobre o sistema solar, Excelentes traballos ambos!!!

Pasámolo moi ben, houbo moito debate e preguntas moi interesantes, que ben o psasamos!!! 

Xenial, Bruno, esperamos o teu seguinte traballo, seguro que igual de interesante!!!








.

O sistema Solar, por Naiara Vérez, 2º EP



" O Sistema solar ", por Naiara Vérez Hermida, de 2º EP.
 
 
Naiara presentounos o seu traballo sobre o sistema solar: a súa orixe, como os días da semana toman o seu nome dos planetas e outras moitas cousas superinteresantes!!!

Fantástico, Naiara, agardamos o teu seguinte traballo!!!








.

"O lago Balaton", por David Prieto, 2º EP



" O lago Balaton ", por David Prieto Pena, de 2º EP.
 
 
David foi iste verán a Hungría e hoxe contounos cousas do seu país, especialmente do lago Balaton!!! a
Foi superinteresante, encantounos que nos contara cousas tan bonitas!!

Noraboa, David, esperamos que máis adiante nos contes outras cousas igualmente interesantes!!!








.

Visitounos Roel!!

Que sorpresa tivemos hoxe!

Visitounos Roel

e trouxo cartas para todos os cursos.

Canta emoción, 
 xa voltou das vacacións e 

vai moito pola biblioteca.

Alí ten un buzón para que lle deixemos debuxos, cartas,.....

Parece ser que xoga moito pola fraga, 
alí plantou unha árbore que os peques de 5 anos andan a buscar

e aos nenos de 6º falou de mediar.


Que pillabán!!!!

Ata pronto Roel, Non tardes moito!!
 Pasámolo moi ben contigo!

Bicosssssss


"As patacas", por Juan Filgueiras, 2º EP.



" As patacas ", por Juan Filgueiras Pérez, de 2º EP.
 
 
Juan acaba de explicarnos todo o que aprendeu sobre as patacas: a súa orixe, o seu crecemento, tradicións, etc... Que traballo tan interesante!!

Fantástico, Juan, a ver se máis adiante plantamos unhas patacas no horto escolar do colexio!!!








.

"HAKUNA MATATA" vive y sé feliz

Ola peques e pecas,
 iniciamos un novo curso con moitas sorpresas.

Aos nosos amigos : 
Jesusito, Peregrina, Monxe Benito, 
únese 
Santiago Peregrino 
e o seu  canciño Tobi 
                                 

e alguén máis que está a punto de chegar........que emoción!!

Feliz curso para todos,
 aprendede  moito, disfrutade e 
sede felices.

O lema deste curso é

HAKUNA MATATA


Sé feliz....tes un motivo marabilloso para selo, TI.


E para os máis peques  o seu amigo Bartolito




Benvid@s a un novo curso!


Dende o Equipo Directivo, Claustro de Profes e Persoal non docente damos a benvida a un novo curso a todos os alumnos e familias.
                   

Grazas pola vosa confianza.


Seguiremos a traballar para ofrecer unha educación de calidade:
Educación Plurilingüe
Plan Proxecta
Equipo de mediación
Escola de familias
Invernadoiro
Biblioteca
.............
e introduciremos novidades.

E animámosvos a participar nas reunións, iniciativas e actividades que levaremos a cabo porque a vosa colaboración é esencial para consolidar estes proxectos.

   FELIZ CURSO!!!





BOA VIAXE

Boa viaxe peques e pecas,

 rematades unha etapa,

 moitos recordos do centro do cal xa formades parte desde agora, 


e iniciades outra na que vos desexamos moitos éxitos e                                                                     cousas novas por descubrir.

Bicos, moita sorte e ata sempre!  
O NOSO PASO POLA FRAGA XUÑO 2016 on PhotoPeach

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...