Iste mércores, 8 de novembro, El Progreso de Lugo publicou unha foto dos nenos de Educación Infantil no suplemento Pícaros, adicado ao mundo da Educación.
Se queredes botarlle unha ollada á fotografía, colgámola á continuación:
Noraboa nenos e nenas!!!
Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria. As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
Celebramos o Samaín, o Magosto e o Halloween.
O martes 31 de outubro celebramos o Samaín, o Magosto e o Halloween no cole.
Familias, peques e pecas decoraron divertidas e terroríficas cabazas.
Canta imaxinación e creatividade!
Xogamos, bailamos, comimos castañas e boliños.....
Grazas á ANPA, a tod@s polo voso traballo e colaboración.
Mirade a galería de fotos.

HAPPY HALLOWEEN !!!
SPOOKY GREETINGS TO OUR FRIENDS IN THE USA.
RYAN, BECCA, DIANA,
MARIA AND FINN,
HAVE A FUN AND HAPPY HALLOWEEN,
FILLED WITH PLAYFUL TRICKS AND YUMMY TREATS!!!
Hoxe Alejandro móstranos os cómics da Biblioteca.
Hoxe, Alejandro,
encargado da biblioteca,
móstranos onde podemos atopar
distintos cómics
que podedes
ler na biblio e levar para a casa.
24 de outubro, Día da Biblioteca.
Outubro é o mes das Bibliotecas.
Así o cuarto luns de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares e o 24 o Día Internacional da Biblioteca.
Así o cuarto luns de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares e o 24 o Día Internacional da Biblioteca.
Trátase de concienciar á sociedade da importancia da lectura e de facer unha homenaxe e recoñecemento á labor dos bibliotecarios.
Este ano os elexidos foron o Premio Nacional de Literatura Infantil 2016, Alejandro Palomas, e o ilustrador Manuel Marsol, último gañador do Premio Internacional de Ilustración Feria de Bolonia- Fundación SM.
Pregón
O recuncho de Roel.
Como xa sabedes estamos a traballar o proxecto
A volta ao cole en 175 días
e Roel,
que anda moi viaxeiro, segue por Londres.
Vaia sorpresa que levamos pola mañá cando chegamos.
Montou o seu recuncho na entrada do colexio,
que bonito!!
Moitas grazas Roel, cal será a túa próxima viaxe?
Tamén nos deixou libros para coñecer moitos países.
Etiquetas:
1º EP,
2º EP,
3º EP,
4º EI,
4º EP,
5º EI,
5º EP,
6º EI,
6º EP,
Act. Complementarias,
Act. Extraescolares,
Biblioteca,
Dinamización da Lingua Galega
CASTAÑAS PARA ROEL.
O VENRES 29 DE SETEMBRO CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DO CORAZÓN.
O venres 29 de setembro celebramos
O DÍA MUNDIAL DO CORAZÓN
cunha dinámica cardiosaudable.
Por diferentes zonas do cole había Roeles agochados e tiñamos que atopalos.
Unha vez que os atopabamos podiamos cambialos por corazóns e formabamos un corazón xigante.
Que ben o pasamos!!
Mirade a galería de fotos.
CHEGA O CARTEIRO CON CARTAS DE ROEL DENDE LONDRES!!!
Que sorpresa tivemos hoxe!!!
Chegou un carteiro de Correos con cartas e regalos que Roel
mandaba de Londres.
Este Roel é moi viaxeiro, tamén nos mandou un vídeo, mirade, mirade...
Moitas grazas Roel!!
Chegou un carteiro de Correos con cartas e regalos que Roel
mandaba de Londres.
Este Roel é moi viaxeiro, tamén nos mandou un vídeo, mirade, mirade...
Moitas grazas Roel!!
E grazas tamén para o carteiro que nos trouxo esta sorpresa.
Mira a galería de fotos.
Este curso estamos moi viaxeiros. Traballamos o Proxecto
A VOLTA AO COLE EN 175 DÍAS
A VOLTA AO COLE EN 175 DÍAS
Facemos diferentes dinámicas e actividades con referencia a ese tema.
Así aprendemos un montón de cousas de diferentes países xa que saíndo de As Pontes visitaremos
Londres, París, Hungría,.., Exipto, África, India, China, Xapón, Norteamérica, Centroamérica e Sudamérica.
Cada clase fará diferentes traballos e actividades dunha zona, país ou continente e quedarán expostos polo cole cunha decoración moi especial para poder facer a volta ao cole visitando todos eses países.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Hi, CHILDREN! Today is a day to think about your RIGHTS and your DUTIES. This morning, we were talking about this. Do you remember? We ...
-
A Biblioteca Pública Municipal de As Pontes no seu obxectivo de fomentar a lectura e o préstamo de libros entre os veciños propón ...