ROEL E O RECUNCHO POLA IGUALDADE. Inauguramos a Biblioteca.

                                                                                                                                                                      Inauguramos a nosa Biblioteca 
                                                          cunha gran sorpresa:

"O RECUNCHO POLA IGUALDADE"

Con libros e contos moi interesantes
que nos trouxo Roel
das súas aventuras veraniegas.


Pasade pola Biblio a coñecer o novo recuncho
e a disfrutar das súas lecturas.




SEMENTEIRA DE LIBROS













Aproveitando as

Casiñas dos Libros

que hai no pobo e coa finalidade de fomentar  valores
como a solidariedade, o compartir, a empatía e xenerosidade,...

decidimos facer unha

sementeira 

e deixar libres moitos libros

co fin de axudar a
transformar o mundo enteiro 
       nunha Biblioteca  e 
     fomentar o amor pola lectura.








Mirade o que nos propón Roel....unha sementeira de libros.

Como xa sabedes,
 a Roel gústalle moito ler,

e anda pola fraga a deixar libros
 "nas Casiñas dos Libros" 

Que ben Roel!!!!

Nosoutros tamén faremos unha 

SEMENTEIRA DE LIBROS 

nas casiñas.

Celebramos o Día do Libro con Paula Carballeira



















Hoxe, 23 de abril, 
 Día do Libro,
 visitou o noso museo a  escritora, contacontos e actriz
 Paula Carballeira.

Contounos contos, xogamos, cantamos,
 firmounos libros,.....Pasámolo xenial!!!!
A auxiliar de conversa Theresa contou ao alumnado de 2º e 5º cursos de EP o conto de Paula Carballeira en inglés 
Jump Pepa, Jump


2 DE ABRIL DÍA DO LIBRO INFANTIL

dialibroinfantil2019
Desde 1967, o 2 de abril, 

coincidindo coa data do nacemento do escritor danés 

Hans Christian Andersen, (biografía e obras)


o IBBY (aquí podes ler o pregón).

 promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil 

co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura 

entre os máis novos.


Resultado de imagen de juego virtual el quijote
Resultado de imagen de pancho y la máquina de crear cuentos


No entroido visitounos Roel!!!

Gracias Roel pola túa visita no festival de Entroido!!
Gustounos moito verte,
volve pronto!!!
Nosoutros estaremos moi atentos
 por se te vemos pola fraga 
ou pola Biblio .
Bicosssss.

SEMANA DA PRENSA

Xa chegamos á 
Semana da Prensa na escola.

A Semana da Prensa celebrouse por primeira vez en 1989.

Dende entón aparece anualmente no calendario escolar oficial,

este ano do 11 ó 15 de marzo,

especificando que esta semana
 traballarase na aula cos xornais.



Na entrada do cole 
temos un punto de lectura,
 que todas as familias poden visitar.
Ademais de xornais nacionais e internacionais 
hai unha colección de revistas A Fraga.




PINCHA NAS DIFERENTES IMAXES 
PARA LER XORNAIS 
E FACER MOITAS ACTIVIDADES.










Galicia Hoxe







Feliz Nadal e Aninovo peques e pecas.

Co Belén feito de plastilina deséxovos a todos
Feliz Nadal e Aninovo
Disfrutade moito destas festas
 peques e pecas!!

Unha aperta moi grande
Paz e felicidade.


Un traballo excelente!!!!

10 de Decembro. Día Internacional dos Dereitos Humanos.

Cartel con varias persoas e artigo 1 da Declaración: Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos.
O Día dos Dereitos Humanos celébrase o 
 10 de decembro,
 coincidindo coa data en que a Asemblea Xeral adoptou a Declaración Universal de Dereitos Humanos , en 1948.

Todos os seres humanos, 
nacen libres e iguais
independentemente da súa raza, cor, relixión, sexo, linguaxe, opinións políticas, orixe ,lugar de nacemento ou calquera outra condición.

En moitos países os nenos e nenas viven ameazados 
polas guerras, traballo infantil, explotación sexual
 e outras violacións dos dereitos humanos.

E deber de todos os países, institucións e familias defender os dereitos dos nen@s.

Pincha na imaxe dos Bolechas para ler o conto.
EXPLICACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS




24 de outubro Día da Biblioteca

Mañá, 24 de outubro,
 celebraremos no cole o

 Día da Biblioteca

con algo moi especial.

Se queredes saber por que se celebra este día 
lede a seguinte información.


Dende 1997 cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca en recordo da destrucción da Biblioteca de Sarajevo incendiada en 1992 no conflicto balcánico.


A iniciativa nace para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro entre lectores de tódalas idades coa cultura e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.


Cada ano encárgase a un escritor@ e a un ilustrador@ a redacción do pregón e o diseño do cartel que se difunde entre tódalas bibliotecas de España.
Este ano o pregón é obra do escritor Gonzalo Moure e o cartel foi realizado polo ilustrador Alfonso Zapico.


Óbidos cidade literaria,onde unha igrexa é unha gran librería e un hotel unha gran biblioteca. PINCHA AQUÍ.

Feliz Día da Biblioteca peques e pecas e Felices Lecturas!!!













24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...