HAPPY WORLD BOOK DAY!!! 23rd April, 2020

HAPPY  WORLD  BOOK  DAY!!! 

 

                                                                                HAPPY  WORLD  BOOK  DAY!!!

 

2 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

PARA CONMEMORAR E VISIBILIZAR O

 DÍA MUNDIAL DO AUTISMO 

PROPOÑEMOS AS SEGUINTES ACTIVIDADES:


PARA ENTENDER O AUTISMO. PINCHA NA IMAXE.
COMPRENDIENDO EL AUTISMO EN LAS AULAS | ANA. Asociación Navarra de ...


2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Día Internacional del Libro Infantil 2020
Dende 1967 celebramos o 

Día Internacional do Libro Infantil 

o 2 de abril,
 coincidindo coa data de nacemento de

 Hans Christian Andersen.

Aquí podedes ver 16 contos de Andersen.

Dende o noso "Recuncho pola igualdade " 
propoñemos este conto de diversidade, tolerancia e aceptación.
Non todas as familias son iguais.
Cada familia é única e especial. 


PINCHA NAS IMAXES PARA LER OS CONTOS
Leotolda, de Olga de Dios - Pekeleke

En familia: Amazon.es: de Dios, Olga: Libros

Pájaro Amarillo, de Olga de Dios | Pekeleke Literatura Infantil

Un nuevo libro anima a los niños a conocer la situación y les ...

Kalandraka: Detalle libro



TODO VAI SAÍR BEN!!!




HOXE QUEREMOS ADICAR ESTE VÍDEO E UN FORTE APLAUSO A TODO O ALUMNADO E ÁS FAMILIAS QUE SEGUEN A TRABALLAR DENDE AS SÚAS CASAS, OU FÓRA. CON AGARIMO DE TODAS AS PERSOAS QUE TRABALLAMOS NO CEIP PLURILINGÜE A FRAGA. ÁNIMO!!!

TAREFAS E PROPOSTAS PARA O PERÍODO DE SUSPENSIÓN DE CLASES

 Publicamos unha carpeta con recursos, tarefas e outras propostas para o alumnado durante o período de suspensión das clases a causa do Coronavirus. A carpeta está organizada por cursos e matarias, cada un deberá entrar na do seu nivel correspendente.

                                 ACCESO Á CARPETA PINCHANDO AQUÍ

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro dedícaselle o día á gran poetisa galega Rosalía de Castro.  

No CEIPP A Fraga tamén quixemos facerlle a nosa homenaxe escoitando algún dos seus poemas e facendo estas fermosas rosas.





O ARQUEIRO OLÍMPICO, MIGUEL ALVARIÑO, HOXE CON NÓS.






















Hoxe tivemos a visita do ilustre arqueiro pontés 

Miguel Alvariño.

Campión de España, Europa, olímpico en Río 2016 e desexámoslle  Tokio 2020.

Ademais dun gran arqueiro demostrou ser mellor persoa, achegándose con moito agarimo aos peques explicándolles cousas da súa experiencia como arqueiro.

Moitas grazas por acompañarnos, pasámolo xenial 
e aprendimos moitas cousas!!!


SEMANA DA AMIZADE



Esta semana na Biblioteca celebramos a 
SEMANA DA AMIZADE
con moitos obradoiros 
que nos fixeron pensar sobre a importacia dos amigos.
Como nos dixo Roel na súa carta
"Quen ten un amigo ten un tesouro".

Estas son algunhas das imaxes.
Que ben o pasamos!!













NOVIDADES LECTORAS

NOVIDADES LECTORAS:

Ola peques e pecas

 na Biblioteca do cole temos moitas novidades lectoras.

Xa sabedes, o horario de préstamo é nos recreos, pero 

tamén podedes vir pola Biblioteca en horario de tarde,

Infantil, primeiro e segundo de primaria sempre  

acompañados por un adulto e os demais cursos soíños.

Animádevos a vivir moitas aventuras!!!

Vémonos na Biblio!!!!

Resultado de imagen de eslogan de lectura



24 de outubro DÍA DA BIBLIOTECA

O Día da Biblioteca celébrase

 en toda España dende 1997

 cada 24 de outubro 

en recordo da destrucción da Biblioteca de Sarajevo incendiada en 1992.




"...a biblioteca escolar debe facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria." Bibliotecas Escolares de Galicia.




Pregón feito por Gemma Pascual:
A SEN CONTO


Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul.
Tampouco que o bico dun Príncipe a devolvese á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete ananiños e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo; nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón. Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha madrasta, dun pai ou dunha fada boa.

E puxo os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio ata converterse nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a querían en ningures.

Nunha casca de noz navegou polo Mar das Letras, e naufragou. Nadaba contra a corrente, fortes ondas de frases afogábana, e cando se deu por vencida e se abandonou á súa sorte, de súpeto salvouna a capitá Pippi Långstrump, unha nena libre, xenerosa, que nunca se aburría, que se atrevía a cuestionar o razoamento dos adultos. Acompañada por Matilda, navegaban polo mar das letras para rescatar todos aqueles personaxes que se aventuraban a cruzar o mar buscando un conto mellor. Heroínas con forte sentido da xustiza e do deber de protexer os máis débiles.
Finalmente, despois de moitos atrancos, chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falara Borges: un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dixera Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos recunchos máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado máis remoto e ao futuro más afastado; unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil, como lle explicara Isaac Asimov. Un lugar onde non necesitaba ser princesa para ser a protagonista de todos os contos.

Longa vida ás bibliotecas, refuxio de todas, tamén das sen conto, das sen libro, das sen papeis, das nenas que non queren ser princesas e dos nenos que non queren ser heroes. Longa vida aos bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso, de máquinas do tempo e de grandes tesouros como son os libros.


Tradución: Héctor Cajaraville







24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...