Noa Ferreiro ven de gañar un premio no I Concurso “Mortadelo y Filemón en Fenicia”!!!


A nosa compañeira Noa Ferreiro, de 3º de EP, ven de gañar un premio no I Concurso “Mortadelo y Filemón en Fenicia”!!!.

Decidíu participar neste concurso cando, dende 3º a 6º de Primaria, fomos visitar a exposición "Francisco Ibáñez, el Mago del Humor"  ao Museo do Humor de Fene, o pasado 20 de xaneiro.

Noraboa, Noa!!!


O acto incluíu ademais a presentación do catálogo do certame, unha publicación que recolle os debuxos premiados e que foi elaborado polos usuarios do Centro Ocupacional de Aspaneps de Fene.
A exposición cos debuxos orixinais poderá verse ata o mes de maio na Biblioteca municipal de Fene.

Aquí deixámosvos unhas fotos do acto de entrega de premios.





Felices vacacións.

Feliz Semana Santa e a disfrutar das vacacións peques e pecas! 










Pincha na imaxe para xogar.





























HAPPY ST PATRICK'S DAY!!!

Happy  St. Patrick's Day!











Acabou a Semana da Prensa - 1º EP



Acabou a Semana da Prensa e menudo periódico mural que fixemos entre todos!!.

Para ser de 1º fixémolo moi ben e de seguro que para próximas ocasións facémolo aínda mellor!!

Botádelle unha ollada ao noso vídeo!!




.

8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER




O Día Internacional da Muller, antes coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, celebrase cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, é festa recoñecida nalgúns países, e tradicionalmente grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións para mellorar as condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos.


Que libros mais chulos temos no cole para traballar esta temática!!!!

Comezamos coa Semana da Prensa - 1º EP



Esta semana celebramos a semana da prensa e por iso organizámonos en equipos de redacción para elaborar entre todos un periódico mural da nosa aula.

Se queredes ver como empezamos botádelle unha ollada a este vídeo, seguro que vos gusta!!




.

CONTOS POLA IGUALDADE

En 1975 a ONU estableceu o 8 de marzo como 

Día Internacional da Muller, e así aparece 

recollido no Calendario escolar oficial. É moi 

importante dende a infancia loitar contra a 

discriminación de xénero e contra a 

violencia. 

CONTOS POLA IGUALDADE:

Arturo e Clementina

Clementina quere sentirse útil, realizada,...pero Arturo non entende iso e menosprecia as súas capacidades. Que fará Clementina?

Una feliz catástrofe

Xa fai 40 anos que se publicou este libro, pero segue moi actual.
Nesta familia de ratos unha catástrofe fai cambiar os papeis, modificar e eliminar estereotipos.

El príncipe ceniciento

Nova versión da Cincenta en clave de humor, con cambios de rol. O príncipe asume actitudes tradicionalmente asignadas ao mundo feminino.

El maltrato sutil

A verdadeira beleza está na actitude.

A SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

Dende este luns 7 de marzo e ata o venres

celebraremos no cole a 

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA.

Conmemoración incluída no 

Calendario escolar oficial dende 1989. En abril

dese ano celebrouse a primeira Semana e xa

imos pola vixésima oitava.

Un día desta Semana traballarase na aula con 

xornais. Nos periódicos sempre atopamos cousas que nos divirten, nos informan, sempre son unha 

boa opción de ler.

Se queredes pasar un bo rato pinchade no kiosko e a ler xornais de todo 

o mundo: nacionais, africanos, americanos, europeos,...


Pincha aquí para ler o xornal GALICIA HOXE.COM



"Leer te transporta". Se lemos viaxamos........
E que vos parece se surfeamos un pouco..........
















Estudamos as plantas!!

Estes días estamos a estudar as plantas: as súas partes, tipos, como se reproducen... e por iso decidimos traer unhas sementes nuns vasiños de iogur e ver como medran na nosa aula...



Mirade que chulada!!!!


24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...