30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ ( DENIP).

Ola peques e pecas, durante todos estes días estamos a traballar a paz no cole con actividades, cancións, xogos, murais,...., pero sabedes quen foi a primeira persoa que tivo esta idea? Pois en 1964 un mestre mallorquín, que se chama Llorenç Vidal  . Moi comprometido coa convivencia nas aulas a mensaxe básica que quere transmitir é que a Non- Violencia é mellor que a Violencia, a Paz é mellor que a Guerra e o Amor universal é mellor que o egoísmo. A esta idea uníronse moitos colexios ata que en 1993 foi recoñecida a nivel internacional pola UNESCO que establece o 30 de xaneiro como Día Escolar da Non Violencia e da Paz, escolleuse esta data porque conmemora a morte de Mahatma Gandhi, defensor da loita pacífica e non-violenta.

Hai que construir a paz día a día, na casa, coa familia, cos amigos, no cole,....é responsabilidade de tod@s, grandes e pequenos.
A continuación podes ler os pensamentos de grandes pacifistas:





1 comentario:

  1. Martin Luther King's powerful speech of I have a dream "that my four little children will one day live in a nation where they will not be judged by the color of their skin but by the content of their character" will reiterate not only in America but around the world. HAPPY PEACE day to all.

    ResponderEliminar

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...