Que feliz son neste cole!!!!!

Bos días rapazas e rapaces!!!!!!     Estou supercontento...Acabo de revisar o meu caixón de correo e TACHÁN!!!!! Estaba case cheo. Tiña un montón de debuxos, xogos, cartas, landras e castañas (uhmmmmmm!!!) e todas feitas con moito agarimo. Tal como vos dixen na miña carta, xa hai nenos e nenas que me trouxeron Topónimos coa súa curiosidade. Mirade vouvos contar algo que me contou a profe de Relixión que atopei este verán cando fun surfear a Pantín. Mirade que cousas: na praia de Pantín houbo unha vez unha marea moi grande que inundou toda unha zona. Pois resulta que dende aquela a esa zona da praia lle chaman Marnela (Mar nela). 
Unicamente hai unha cousa que me ten preocupado, e é que neste cole ninguén emprega o galego...co que a min me gusta a nosa lingua. Por favor, escribídeme en galego.


Moitos biquiños!!!!    ROEL


No hay comentarios:

Publicar un comentario

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...