Seguindo co Programa Educativo Educación Responsable e dentro do módulo de Lectura e Emocións continuamos a traballar o desenrolo emocional a través da lectura.
Por isto @s nen@s da clase de tres anos tivemos unha gran sorpresa. A profe levounos á Biblioteca e alí estaba Roel que nos traía unha carta. Era a carta do noso amigo o Mago da palabra. (Ao final tedes os videos cos contos que nos contou).
A profe Rosa leu a carta e tiñamos unha tarefa: buscar un nome para o noso amigo o Mago, ao que lle gustan moito os contos.
Pensamos en diferentes nomes e por maioría decidimos que o que máis nos gustaba era O Mago caracol.
E que sorpresa cando de volta á clase o noso amigo O Mago Caracol xa nos deixara un regalo!!! O noso libro preferido Nadarín. Que ben o pasamos.
A continuación están os vídeos con dous contos do noso amigo o Mago Caracol.
O primeiro que nos contou coa súa primeira carta foi O coelliño blanco. Gustounos moito.
Unha vez que xa tiñamos un nome para o Mago, éste contounos o conto da "Cebra Camila".
Ata pronto Mago Caracol !!!!
Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria. As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA
#DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...
-
Hi, CHILDREN! Today is a day to think about your RIGHTS and your DUTIES. This morning, we were talking about this. Do you remember? We ...
-
A Biblioteca Pública Municipal de As Pontes no seu obxectivo de fomentar a lectura e o préstamo de libros entre os veciños propón ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O teu comentario será revisado e publicado en breve.
Grazas pola túa participación.