BOOKCROSSING

Festa!!! Por fin o "día do libro". Que vos parece si facemos un BOOKCROSSING? Iso que é? - preguntaresdesvos.
Pois cada un de vós traerá un libro co nome posto que queira compartir para deixar no noso colexio co gallo de que outros compañeiros e compañeiras os collan, leven á casa, os disfruten, os lean e compartan coa familia e os devolvan. Os libros, probablemente non os recuperedes, así que pensade ben cal queredes traer.
Teño unha idea! Cada unha das persoas que o leven deixará un agasallo persoal (debuxo, comentário, tarxeta...) para que cando o colla a seguinte persoa leve unha agradable sorpresa...
Na primeira folla do libro haberá unha etiqueta onde poredes o nome e curso da persoa que colleu o libro e a emoción que sentiu con el.
Veña, veña! Mans á obra, que me está tardando traer o meu libro....



E... Xa sabedes:

CANTO   MÁIS    LEDES,
MÁIS    IMAXINACIÓN    TEREDES
E   MÁIS    COUSAS   SABEREDES.



Moitos biquiños de
                                                               Roel     
 





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...