Parabéns Lucía Ramudo!!!

Encántanos ter noticias dos nosos ex-alumnos e ex-alumnas e cando son, como neste caso, de grandes éxitos, sentímonos moi orgullosos e felices.

Lucía ven de gañar o concurso "Bamboleo pequenos fenómenos", interpretando “Diamonds”, de Rihanna, e “Solo tú”, de Paula Rojo. 


PARABÉNS, LUCÍA!!!

Ademais, Lucía doou o premio, dotado con 2.000 €, á Asociación Animalista das Pontes “Pegadas Solidarias”.

Se queredes ver a Lucía na final visitade esta páxina da Televisión de Galicia. No vídeo da final Lucía actúa nos minutos 33:35 e 1:45:15.  E se queredes ver como o xurado a proclamou gañadora, tedes que ir ata o minuto 2:22:20.


Segue así, Lucía, esperamos verte no futuro no máis alto das listas de éxitos e, tamén, esperamos verte pronto polo cole para felicitarte en persoa!!




.

1 comentario:

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...