Un ano máis o 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón á cidadanía que se agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.E, así, no Cole da Fraga imos celebralo elaborando e enviando unha postal cun verso que actúa de estímulo creativo para que rapazas e rapaces realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro.
Como texto a seguinte estrofa de “Alborada”, de Cantares gallegos:
Canta, paxariño alegre, canta!
Canta porque o millo medre, canta!
Canta porque a luz te escoite, canta!
Canta que fuxeu a noite.
Aquí podedes ver como quedou o traballo colectivo que fixemos para a entrada do cole:

Na casa pronto volo recitarán as vosas fillas e fillos.
Feliz Día de Rosalía!!
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O teu comentario será revisado e publicado en breve.
Grazas pola túa participación.