SAÍDA CULTURAL A VILALBA DE 6º EDUCACIÓN PRIMARIA



Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria visitaron a capital chairega para afondar en coñecementos históricos o pasado 14 de outubro.
Visita ao Museo de Prehistoria e Arqueoloxía. En primeiro lugar viron un vídeo presentación, a continuación visitaron as exposicións cunha guía, seguidamente realizaron un obradoiro de cerámica, para finalizar cun recoñecemento de pezas arqueolóxicas.

Comida na praia fluvial da Magdalena.
Camiñata pola marxe do río Magdalena desde o rehabilitado Muíño do Rañego ata a praia fluvial, percorrendo o chamado Paseo do Soños onde están instalados monumentos adicados a grandes artistas galegos e especialmente da Terra Chá: Paco Martín, Manuel Mª Fernández Teixeiro, Agustín Fernández Paz, Xavier P. Docampo, Darío Xoán Cabana, Xosé Manuel Carballo, Margarida Ledo Andión, Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Ramón Chao Rego e Xulio Xiz Ramil.
Visita á Queixería Don Crisanto en Moreda (Lanzós) onde nos explicaron o proceso de produción do queixo de San Simón e outras variedades e poidemos degustar do rico manxar.
Parada no exterior da Escola Habaneira de Santaballa para observar as reproducións  arqueolóxicas alí instaladas.

GALERÍA DE FOTOS

1 comentario:

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...