Exposición de morcegos na Fraga

Esta semana temos unha exposición de morcegos na entrada do cole. Estades todos invitados.

Os morcegos son uns extraordinarios animais, mamíferos, que son capaces de voar na escuridade e teñen grandes cualidades para o equilibrio do noso medio ambiente.

Se vos achegades a ver a exposición ides descubrir cousas moi interesantes da súa vida.

Deixámosvos unhas cantas fotos para vos fagades unha idea.















Mediación na Fraga

O EQUIPO MEDIA-T DA FRAGA


Neste curso 2016/17 conseguimos o reto que nos marcaramos no curso anterior: formar un Equipo de Mediación. Como? Que non sabedes o que é un Equipo de Mediación?
   Pois comencemos por saber o que é a Mediación Escolar
  A Mediación é un método para a resolución pacífica de conflitos na que os membros dun conflito queren, voluntariamente resolver o seu problema e piden axuda a un mediador/a  imparcial, para elo. 

DECRETO 8/2015, de 8 de enero, por el que se desarrolla la Ley 4/2011, de 30 de junio, de convivencia y participación de la comunidad educativa en materia de convivencia escolar. 
Segundo o seu artigo 26: " A Mediación é unha estratexia de intervención imparcial para a resolución de conflitos en que unha terceira persoa axuda as partes implicadas a alcanzar un acordo satisfactorio para ámbas as dúas".


   Neste caso, solicítase ao Equipo de Mediación do cole a mediación dun conflito no que os mediadores axudan a que os conflitados propoñan solucións para o seu problema de mútuo acordo, non damos a solución ao problema pero velamos para que as solucións sexan xustas para as partes.

O noso Equipo Media-T, está formado por dous grupos de alumnos e un de mestres, onde temos moitas funcións ademais da figura do mediador/a. 

Dende o pasado curso recibimos formación por parte do Equipo de Mediación de Aldeas Infantís de Redondela.



Con eles compartimos 
varias sesións de convivencia nas que realizamos moitas actividades: 



Dinámicas de grupo e xogos cooperativos.






Practicamos  a técnica de Role Playing, propia de mediación.




Formámonos cos nenos e nenas de Aldeas Infantís e fixemos a primeira excursión ao seu centro. 








Realizamos un concurso para ter o logo do equipo.





Mediamos conflitos reais e inventados, con personaxes de cancións, pintamos murais sobre a mediación...




Pasámolo xenial aprendendo e axudando a solucionar os nosos problemas. 


Moitas grazas por formar parte deste Equipazo!















Regresamos de Roma e facemos O Camiño de Santiago.




Os peques e pecas da clase de Reli están moi viaxeiros este curso. 

Despois de viaxar a Roma co circo
 e coñecer moitas cousas da súa cultura e dos seus deuses; 
puxéronse a coser o gorro de peregrino, fixeron a capa e un bordón moi bonito coas cabazas tipo globo,
e iniciaron O Camiño de Santiago.

 Canta diversión! 
Bo Camiño peques e pecas!!
💙💚💛💜
Mirade que fotos máis chulas e o vídeo de Roma.


                                                                                 







A fervenza do río Belelle, por Leire Allegue, 2ºEP



Hoxe, Leire, presentounos un traballo sobre a fervenza do río Belelle. Foi coa súa familia de excursión para preparalo e fixo unhas fotos preciosas.

Tamén buscou un montón de información sobre o río Belelle, onde nace, canto mide, por onde pasa... Superinteresante!!!

Eo que máis nos impresionou foi a fervenza ou cascada: deixounos coa boca aberta!!!

Xenial, Leire, seguro qeu moitos de nós aproveitamos para facer isa excursión e coñecer esa maravilla da natureza!! 


Esperamos que máis adiante nos presentes outro traballo... Grazas!!!




" A fervenza do río  Belelle ", por Leire Allegue Bouza, de 2º EP.












































.

A arca de Noé, por Estela e Adriana, 2º EP.



Estela e Adriana presentáronnos u fantástico traballo, que prepararon para a área de Relixión, sobre Noé e a arca que construíu para salvar á súa familia e aos animais para que repoboaran a Terra despois do Diluvio Universal.

Acompañáronnos os nenos enenas de 5 anos, que estaban moi interesados neste tema e fixeron un montón de preguntas!!!



Bravo, Estela e Adriana, impresionante o voso traballo e a fantástica reconstrucción que fixestes da arca e dos animais, así como de Noé e a súa familia!! 


Esperamos que máis adiante nos presentendes outro traballo... Grazas!!!




" A arca de Noé ", por Estela Baamonde e Adriana Carballeira, de 2º EP. 











































.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...