Neste curso 2016/17 conseguimos o reto que nos marcaramos no curso anterior: formar un Equipo de Mediación. Como? Que non sabedes o que é un Equipo de Mediación?
Pois comencemos por saber o que é a Mediación Escolar.
A Mediación é un método para a resolución pacífica de conflitos na que os membros dun conflito queren, voluntariamente resolver o seu problema e piden axuda a un mediador/a imparcial, para elo.
Segundo o seu artigo 26: " A Mediación é unha estratexia de intervención imparcial para a resolución de conflitos en que unha terceira persoa axuda as partes implicadas a alcanzar un acordo satisfactorio para ámbas as dúas".
Neste caso, solicítase ao Equipo de Mediación do cole a mediación dun conflito no que os mediadores axudan a que os conflitados propoñan solucións para o seu problema de mútuo acordo, non damos a solución ao problema pero velamos para que as solucións sexan xustas para as partes.
O noso Equipo Media-T, está formado por dous grupos de alumnos e un de mestres, onde temos moitas funcións ademais da figura do mediador/a.
Dende o pasado curso recibimos formación por parte do Equipo de Mediación de Aldeas Infantís de Redondela.
Con eles compartimos
varias sesións de convivencia nas que realizamos moitas actividades:
Dinámicas de grupo e xogos cooperativos.
Practicamos a técnica de Role Playing, propia de mediación.
Formámonos cos nenos e nenas de Aldeas Infantís e fixemos a primeira excursión ao seu centro.
Realizamos un concurso para ter o logo do equipo.
Mediamos conflitos reais e inventados, con personaxes de cancións, pintamos murais sobre a mediación...
Moitas grazas por formar parte deste Equipazo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O teu comentario será revisado e publicado en breve.
Grazas pola túa participación.