ACTIVIDADE CARDIOSAUDABLE, sumámonos ao Día Mundial do Corazón.

Estimadas familias: 

como sabedes, neste curso 2017-18 continuamos coa nosa teima de promover unha vida saudable.

Ademais do PLAN PROXECTA,
(ata agora froita, neste curso leite tamén), 
que xa leva en funcionamento uns cursos, este ano introducimos 
unha ACTIVIDADE CARDIOSAUDABLE

Diariamente, no noso colexio realizamos unha actividade de 10 minutos con este fin.

Por todo isto, sumámonos á celebración do

Día Mundial do Corazón o venres 29 de setembro.

A Federación Mundial do Corazón ( World Heart Federation) celebra este día en máis de cen países, entre eles España, co obxectivo de promover medidas preventivas e concienciar sobre a importancia da loita contra as enfermidades cardiovasculares.

Recursos didácticos:

Pincha na imaxe para ver o folleto de Supercorazón.

Supercorazón, o heroe dos nenos: comer de forma saudable e facer exercicio é divertido e pon en forma os corazóns para que se manteñan fortes e felices.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...