VISITA DE ROEL


Ola peques e pecas,

que sorpresa tivemos hoxe!!

Roel fixo unha parada na súa

volta ao mundo en 175 días 

para facernos unha visita.

Viña de África cargado de mochilas viaxeiras para 3º e 4º E.P. 

e aproveitou para saudarnos.

Que ledicia!!

Mirade que carta máis chula nos deixou.

Grazas Roel, 
Ata pronto.

Ola de novo, nenos e nenas: 
Como xa sabedes continúo dando a volta ao mundo Acabo de voltar de África e xa estou a pensar na aventura pola India. Como me gusta o meu recuncho do cole con todos os recordos das viaxes!!!! Está xenial!!! 
O reto, as cantigas, os meus mandadiños      Cantas cousiñas!  
Pero agora teño unha gran sorpresaMirade que mochilas!! 

        Espero que as disfrutedesSon moi chulas!!  
        Que credes que hai dentro? 
Dicide, dicide……….quen o adiviña? 
Pois si, aquí dentro hai un tesouro: libros, xogos, música,…. 
e un caderno para que me escribades e debuxedes o que queirades. 

Xa estou desexando ver todo o que facedes.  
Son mochilas para disfrutar en familia e podedes telas na casa 
durante unha semana. Pero coidade moi ben o seu contido. 
Bicos roelanos!!!. 
Non vos esquezades de escribirme e debuxarme algo no caderno!!! 
Ata pronto! 


Comentarios

  1. Hola Roel,

    You go around the world, can you come and visit me in Chicago? I want to hear your stories and to play with you. for now, I give you many hugs! ciao amigo! M

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

O teu comentario será revisado e publicado en breve.

Grazas pola túa participación.

Entradas populares