Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas

"O principal dereito da infancia está na igualdade de oportunidades".

O día 20 de novembro de 1959 a Asamblea
Xeral de Nacións Unidas aprobou a
Declaración dos Dereitos do Neno. Ningún goberno ou nación pode negar estes dereitos e ninguén pode atentar contra eles en ningunha circunstancia.

En moitos países os nenos están amenazados polas guerras, traballo infantil, explotación sexual e outras violacións dos dereitos humáns.

É unha data que nos fai recordar que un nen@ non é só un ser fráxil que necesita protección, tamén é unha persoa que ten dereito a SER EDUCADO, COIDADO E PROTEXIDO. Dereito a DIVERTIRSE, IR Á ESCOLA, ALIMENTARSE,....O neno é un individuo e membro dunha familia e comunidade, con dereitos e responsabilidades adaptados á etapa do seu desenvolvemento.   


Pincha na imaxe para ler o libro dos Bolechas sobre os dereitos da infancia ilustrado por Pepe Carreiro no ano 2006. 
E agora cantamos.






De paseo pola Fraga atopeime co MURAL DO DÍA DA BIBLIOTECA.

Cando vin traer as credenciais ás reporteiras atopei no corredor cun mural no que os nenos escribiran o seu libro e personaxe favorito.

E así lembreime que o 24 de outubro era o Día da Biblioteca. Moi ben traballado nen@s!!!!

Xa vexo que CELEBRÁCHEDES ESE DÍA, pois eu déixovos un xogo que me gusta moito e algúns videos, porque hai que ler para ser máis feliz.
Moitos bicos, ROEL.






PINCHA NA IMAXE PARA XOGAR

























DÍA DA BIBLIOTECA 2015

Dende 1997 cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca en recordo da destrucción da Biblioteca de Sarajevo incendiada en 1992 no conflicto balcánico.
A iniciativa nace para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro entre lectores de tódalas idades coa cultura  e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.
Cada ano encárgase a un escritor e a un ilustrador a redacción do pregón e o diseño do cartel que se difunde entre tódalas bibliotecas de España. Este ano os autores seleccionados son Diego Arboleda, premio Nacional de Literatura Infantil 2014 e a ilustradora Leticia Ruifernández.

Pincha aquí para coñecer o autor e ilustradora.


Pincha na imaxe para ler o pregón
      


VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

Viva!!!
Xa comezou un novo curso!!! Espero que moi ben todos.

Eu ainda estou polas Fragas pero BÓTOVOS MOITO DE MENOS, e vós a min? 

Moi pronto nos voltaremos a ver.

Agora teño un mandado para vós:

Quérovos dicir que a partir do día 1 de outubro, xa podedes ir á biblioteca a ler, coller libros,etc...

Pero lembrade que a biblioteca ten unhas normas e hai que cumplilas, se non, non podedes estar alí.
Que pasedes un bo curso!!!
Ata a próxima!!
             Roel                                              

BOOKCROSSING

Festa!!! Por fin o "día do libro". Que vos parece si facemos un BOOKCROSSING? Iso que é? - preguntaresdesvos.
Pois cada un de vós traerá un libro co nome posto que queira compartir para deixar no noso colexio co gallo de que outros compañeiros e compañeiras os collan, leven á casa, os disfruten, os lean e compartan coa familia e os devolvan. Os libros, probablemente non os recuperedes, así que pensade ben cal queredes traer.
Teño unha idea! Cada unha das persoas que o leven deixará un agasallo persoal (debuxo, comentário, tarxeta...) para que cando o colla a seguinte persoa leve unha agradable sorpresa...
Na primeira folla do libro haberá unha etiqueta onde poredes o nome e curso da persoa que colleu o libro e a emoción que sentiu con el.
Veña, veña! Mans á obra, que me está tardando traer o meu libro....



E... Xa sabedes:

CANTO   MÁIS    LEDES,
MÁIS    IMAXINACIÓN    TEREDES
E   MÁIS    COUSAS   SABEREDES.



Moitos biquiños de
                                                               Roel     
 





 

QUE MEDO!!!

Os lambonciños de 1º de EP prepararon unha merenda monstruosa, que da moitísimo medo...pero deliciosa.

 Mirade para aí, e ide practicando na casa  que é sinxelo  ademáis de moi saudable.





A CLASE DE TRES ANOS PARTICIPA NO PROXECTO DE EDUCACIÓN RESPONSABLE DA FUNDACIÓN BOTÍN.

Os nen@s da clase de tres anos, xunto coas profes participamos no Programa LEE (Lectura e emocións) que forma parte de Educación Responsable, programa educativo da Fundación Botín. Por isto durante o mes de novembro traballamos dous contos, NADARÍN e A GRAN PREGUNTA que corresponden ao módulo de Literatura Infantil.

Con Nadarín traballamos valores como a igualdade e a cooperación. Fixemos un fondo marino coa axuda das profes Rosa e Tania no que había anguías, langostas, un atún moi grande, anémonas, medusas, rocas, peixes vermellos e Nadarín, o peixe negro.

Gustounos tanto que ata fixemos unha representación teatral.



Pasámolo moi ben, Nadarín xa é o noso amigo e con él aprendimos un montón de cousas.

 Grazas Nadarín!!!!                                          














Outro conto que traballamos foi La gran pregunta, este conto fíxonos pensar e dibuxar. Despois da lectura a profe Rosa preguntábanos ESTOY AQUÍ PARA... e nun mural dibuxamos o que pensabamos mentras que a profe o escribía. Algunhas respostas eran moi graciosas. "Estoy aquí para...cuidar a mamá; para cuidar a Pepa, mi tortuga; para cuidar flores; para dibujar dinosaurios;...."·

Tamén fixemos outras dinámicas como A FÁBRICA DE BICOS ou como cando nos disfrazamos de súper-heroes como BUGA.


Canto traballamos!!!!


Pero isto xa volo contaremos outro día.
Moitos bicoss!!!!

XOGAMOS


http://fotos.trucoteca.com/games/logica/001582-294HN538.swf
http://fotos.trucoteca.com/games/logica/001582-294HN538.swf Ola peques e pecas!! Como sei que vos gusta moito xogar pinchade nas imaxes e a divertirse!!! Conecta 4, bolas de cores, o xogo da oca, comecocos, xogos de palabras, de memoria, de reli,.....
http://roble.pntic.mec.es/arum0010/

http://cp.claracampoamor.fuenlabrada.educa.madrid.org/flash/juegos/pacman.swf
http://www.rinconsolidario.org/palabrasamigas/pa/juegos.htm
http://www8.agame.com/mirror/flash/b/bubble_shooter/bs_juegos_com.swf
http://www.bluecowgames.com/memory_secure.swf



http://cp.claracampoamor.fuenlabrada.educa.madrid.org/flash/juegos/oca.swf


http://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=autobus-palabras&l=es
http://api.ning.com/files/AwOyT6gC1eG7fKVmk062u-TSkLDKDkVfDwuntT6UBQ3aiuZKxPpDhq55ejGyxFc0mzUz4DO0c2-6TWbyIfVZ-01Y5v5zm9IS/parllarg1c.swf
http://recursos.crfptic.es/escritorio/juego_muro.swf
http://recursos.cnice.mec.es/bibliainfantil/nuevo/inicio/principal.htm

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Ola de novo amigos!!!Como todos os anos para celebrar o Samaín, imos facer unha exposición de cabazas.Os que queirades participar, podedes traer a  vosa cabaza a partir do luns día 27 de outubro. Animádevos e deixade voar a vosa  imaxinación para decoralas. Estarán expostas ata o xoves, día 30, que teredes que levalas. Ese día celebraremos tamén o magosto.
 Lembrade que estou agardando con moita ilusión os vosos contos  e debuxos . A min gústame moito ler.
Tamén espero con impaciencia algunha historia cos topónimos que coñezades vós ou a vosa familia.
Que ben o imos pasar xuntos!!!
Moitos bicos!!!!!!!!


24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...