Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas

O alumnado de 6º EP le a Rosalía en inglés.

O alumnado de 6ºEP, coa axuda dos seus profes Jude e Maribel, traducen e len uns versos do poema "Has de cantar" en inglés para celebrar o Día de Rosalía.

Un traballo excelente.
 Parabéns.
Aquí tedes o vídeo.



8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

En 1910 decídese declarar o 8 de marzo como 

Día Internacional da Muller.

Arredor desas datas Nueva York foi escenario de folgas polémicas para aqueles tempos.

Mulleres que reclamaban a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos morreron queimadas nunha fábrica debido as súas peticións.

Neste Día trátase de reflexionar sobre os avances logrados na igualdade home -muller, e celébrase a valentía e determinación de mulleres que foron abrindo camiño.
A ONU propón unha serie de obxectivos a conseguir no 2030. Pincha na imaxe para poder lelos.







No cole para tratar este tema temos unha exposición de 

contos pola igualdade

que son traballados nas clases :

Arturo y Clementina.

El monstruo.

Rojo,Azul,Amarillo.

O país dos mandóns.

Maruxa.

Iriña bailarina.

Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?

Amelia Earhart.
............



NO CONTROLES NI QUE TE CONTROLEN
TODOS CONTRA A VIOLENCIA

CELEBRAMOS A SEMANA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro celébrase o

Día de Rosalía de Castro


ao coincidir esta data co seu nacemento.

Esta escritora galega está considerada como autora clave na literatura española do século XIX.

Mito e símbolo de Galicia, e autora de grandes obras como Follas Novas ou En las orillas del Sar. 

Foi unha escritora innovadora e comprometida, adiantada ao seu tempo, empleou o galego nas súas                     obras cando ninguén o facía.

propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e                                                                              unha flor, alén doutras accións.

E no cole A Fraga un ano máis participamos nesta celebración
coa realización de moitas actividades:

O alumnado de 3 anos fixo debuxos súper chulos da casa de Rosalía incluso trouxeron unha camelia.

O alumnado de 4 anos fixo un collage coa cara de Rosalía.

O alumnado de 5 anos escribiu poemas de Rosalía.

O alumnado de 1º EP escribiu poemas Rosalianos.

O alumnado de 2º EP  gravou unha lectura de poemas de Rosalía para a súa escoita no cole.

O alumnado de 3ºEP realizou dúas orixinais caricaturas de Rosalía.

O alumnado de 4ºEP traballou a súa biografía e
o alumnado de 
6ºEP elaborou sopas de letras e outros pasatempos sobre a súa obra.

Todos estes traballos están colocados nun expositor na Biblioteca do noso cole e poden ser visitados por todas as familias.

 Grazas a alumnos e titores polo seu compromiso e traballo.

FELIZ DÍA DE ROSALÍA.



BIOGRAFÍA DE ROSALÍA FEITA POLO ALUMNADO DE 4ºEP.




"O Reto Lector" na Biblioteca Municipal de As Pontes.

A Biblioteca Pública Municipal de As Pontes no seu obxectivo de fomentar a lectura e o préstamo de libros entre os veciños propón

 "O Reto Lector".

Haberá agasallo sorpresa para os que consigan o reto, como mínimo os peques deben ler 12 libros ao longo do ano e os maiores 14.

Ademáis a Biblioteca acolle actividades como

Xoves na Biblioteca

                                                                                Clubes de lectura,

                                                                                     Taller de escritura,
                                                                               ....

Animádevos peques e familias a participar e a pasar pola Biblioteca Municipal e 
pola Biblio do noso cole.



Como nos aconsella Roel

+ Lectura e - Televisión para coller o tren da imaxinación.

Roel trouxo unha sorpresa.....MOCHILAS VIAXEIRAS

Pero que sorpresa tivemos!
Roel veunos visitar e trouxo tres 

MOCHILAS VIAXEIRAS

cheas de libros, xogos e música
para @s alumn@s de primeiro e segundo de EP.

Ademáis hai un caderno onde se pode escribir ou debuxar cousiñas.

Son para desfrutar en familia e pódense ter durante unha semana.

Grazas Roelllll!!!!

E como ti dis


+ lectura e - televisión para coller o tren da imaxinación.




ROEL DESÉXANOS BO NADAL!

 
Roel xa está de vacacións e anda pola Fraga a brincar e correr.
Que pillabán...!!

Mirade o vídeo que nos mandou.
Graciñas Roel!

Moitos bicos!!

Ven a visitarnos pronto!

Bo Nadal para ti tamén.

25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.



O 17 de decembro de 1999, 
A Asamblea Xeral das Nacións Unidas
 declarou 


 O 25 de novembro
 data internacional da loita contra a violencia cara as mulleres


 para lles render homenaxe ás irmáns Mirabal, 
que foran asasinadas.



Tipos de violencia de xénero:

Violencia física: empuxóns, labazadas, golpes,....

Violencia psicolóxica: control de amizades, humillacións, insultos, intimidacións,......


Violencia económica: impedir o acceso ao traballo, negar ou controlar os cartos,.....


Violencia sexual: comentarios ofensivos, tocamentos,.......


Calquera acto que lesione a integridade da muller.


                       CONTRA O MALTRATO HAI QUE DICIR


                                                         BASTA!


O BO TRATO E RESPECTO 
ENTRE HOMES E MULLERES

 É TAREFA PARA TODOS OS DÍAS DO ANO.






A Juan gústanlle as monecas, a camiseta rosa e os contos de princesas. Pero todos rinse del e dinlle que son cousas  de nenas. 
.





Pincha na imaxe para ler o conto.

Dúas tartarugas que se namoran e ao principio todo vai ben, pero Arturo non quere que Clementina vaia pescar, enfádase si sae da casa e regálalle moitoas cousas non necesarias.......Clementina é infeliz. Ten a cuncha moi cargada, que fará?


































24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA.

"Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras.

 Desde Mary Poppins ata Matilda. Atreyu, Drácula e ata Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. 

Podes poñer botas de pelo, plumas, zancos e sombreiros."

A celebración do

 Día da Biblioteca

 foi creada en 1997 pola
coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte 

en recordo da destrucción da Biblioteca de Sarajevo incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcanes.

Trátase de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento á labor dos bibliotecarios.

Cada ano encárgase a un escritor e a un ilustrador a redacción do pregón e o diseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España.

Este ano foron elexidas:

a escritora galega Ledicia Costas e a ilustradora vasca Elena Odriozola.

Pregón de Ledicia Costas:

Un vagalume é unha illa diminuta extraviada na noite máis densa. Cen vagalumes, unha constelación misteriosa que marca o rumbo cara a outros universos. Así, con esa estratexia de luz, organízanse os libros que moran nas bibliotecas. Son aloumiños fosforescentes que incendian os soños e recompoñen os corazóns grises ata facelos recobrar o seu vermello brillante. Calquera individuo que padeza a síndrome do corazón gris, debería poñerse en mans dun experto e visitar unha biblioteca. 

Para escribir un libro, ademais de facer malabarismos coas palabras hai que ser unha desvergonzada ou un tolo. Un atrevido, unha excéntrica descontrolada! Levar un calcetín de lunares, outro de raias e os pelos de punta. Unha crista como as das cacatúas sería un peiteado ben interesante para un escritor. Só as mentes máis disparatadas son aptas para escribir libros. Mais para custodialos non chega con ter un desaxuste nos cables cerebrais. É indispensable ser de fóra. Un extraterrestre. As bibliotecas albergan seres con antenas xiratorias, cerebros milliométricos que memorizan títulos rebuscados, rimbombantes, campanudos. As persoas que custodian os libros sempre me pareceron criaturas singulares. Están dotadas de extremidades retráctiles que estiran e estiran ata alcanzar aquel volume ao que semellaba imposible acceder. E logo, coma se nada, recompóñense e todo volve á súa posición natural. Semellan seres humanos, mais a pouco que os observes, percibirás que non son de aquí. Unha das cousas que máis me fascina é o seu cerebro. Parécenme tan listos! Os libros fabrican pensamentos. Pasar tantas horas dentro dunha factoría de ideas é bo para ter un corazón vermello e brillante e unha cabeza chea de plans fantásticos. 


Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día das Bibliotecas. Sería xenial montar unha festa con confeti e pompas de xabón. Unha cousa grande. A min encantaríame vestirme para tal ocasión coma o personaxe dalgún libro, sentar na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo, e agardar a que viñesen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda. Atreyu, Drácula e ata Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñer botas de pelo, plumas, zancos e sombreiros. Sombreiros! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, engaiolada polas cores e formas do meu chapeu:


—Sombrereira tola, que festa tan marabillosa! Sería tan amable de servirme unha taza de té?


Eu serviríalla con moito gusto, poñendo cara de muller refinada, e logo as dúas faríamos a un tempo ruído ao tragar. Soaría algo así como glup glup glup. E antes de que nos dese tempo de botarnos a rir de xeito desenfreado, aparecería o bibliotecario, como xurdido da nada, que para iso posúen a facultade de materializarse diante de ti no momento máis inoportuno, e nos advertiría de que as bibliotecas non son lugares aptos para ir merendar. Hai que recoñecer que son únicos custodiando tesouros. Extraterrestres co corazón vermello e brillante. Que cousa tan fantástica. Feliz Día das Bibliotecas!
Ledicia Costas

"El increíble niño come libros, cuenta la historia de un niño que devora los libros; pero cuando decimos devorar es porque lo hace literalmente, los mastica y los engulle. Movido por un insaciable apetito de conocimiento, un día se come una palabra, luego un párrafo, después una frase, hasta que termina por zamparse todos los libros que encuentra: desde novelas, diccionarios, y enciclopedias hasta manuales de historia o matemáticas, aunque sus favoritos siempre son los rojos. Hasta que un día no sólo termina con una terrible indigestión, sino totalmente confundido. Es entonces cuando descubre el verdadero secreto de la lectura: es mejor leerlos y disfrutarlos poco a poco que pegarse el atracón."


Los Fantásticos Libros Voladores del Sr. Morris Lessmore, es una entretenida y apasionante historia de las personas que dedican su vida a los libros y a quienes los libros les devuelven el favor. Es una alegoría conmovedora y humorística sobre los poderes curativos de una buena lectura. La historia gira en torno al amor por los libros, su capacidad para iluminar nuestras vidas y lo maravilloso que es sumergirse en la lectura."

Visitounos Roel!!

Que sorpresa tivemos hoxe!

Visitounos Roel

e trouxo cartas para todos os cursos.

Canta emoción, 
 xa voltou das vacacións e 

vai moito pola biblioteca.

Alí ten un buzón para que lle deixemos debuxos, cartas,.....

Parece ser que xoga moito pola fraga, 
alí plantou unha árbore que os peques de 5 anos andan a buscar

e aos nenos de 6º falou de mediar.


Que pillabán!!!!

Ata pronto Roel, Non tardes moito!!
 Pasámolo moi ben contigo!

Bicosssssss


Hoxe visitounos Roel.

Que sorpresa tivemos hoxe!!

Visitounos Roel!!

Trouxo o Buzón da Amizade para a clase de 2º EP

e pasou polas clases,

cantas risas....

Volve pronto Roel e non tardes tanto!

Un bico.








FOMOS AO LICEO, A LER A MANUEL MARÍA

Coma cada ano, para celebrar o día das Letras Galegas, nenas e nenos do colexio foron ao Liceo a ler un fragmento da obra do autor homenaxeado neste ano, Manuel María.
Iago, Lucas, Nerea e Alex leron cadanseu poema do autor, poemas todos eles  sobre árbores autóctonas. Fixerono xenial!!!!

Ademais de escoitar a nenos e nenas de outros colexios, había unha banda de gaitas e o grupo poético Alalá.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2016

MANUEL MARÍA
No 2016 as letras galegas adicanse ao escritor Manuel María Fernández Teixeiro. 

Defensor da nosa lingua e da nosa cultura, escribiu multitude de libros en tódolos xéneros pero especialmente poesía. En lembranza da súa infancia escribiu un fermoso libro:



Ademais moitos dos seus poemas foron musicados, aquí vos deixamos a mostra. Disfrutade del.



ANO DE CERVANTES

O 23 de abril cúmprense 400 anos da morte de Miguel de Cervantes,1616-2016. Por iso este ano é considerado Ano Cervantino. Autor da obra máis importante da literatura castelá 
El Quijote


















PINCHA NAS IMAXES PARA LER OS COMICS.


O QUIXOTE PARA INFANTIL



PARA COÑECER A MIGUEL DE CERVANTES, OBRAS, QUIXOTE, PERSONAXES



O XOGO DO QUIXOTE


CANCIÓN E VIDEO




8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER




O Día Internacional da Muller, antes coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, celebrase cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, é festa recoñecida nalgúns países, e tradicionalmente grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións para mellorar as condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos.


Que libros mais chulos temos no cole para traballar esta temática!!!!

CONTOS POLA IGUALDADE

En 1975 a ONU estableceu o 8 de marzo como 

Día Internacional da Muller, e así aparece 

recollido no Calendario escolar oficial. É moi 

importante dende a infancia loitar contra a 

discriminación de xénero e contra a 

violencia. 

CONTOS POLA IGUALDADE:

Arturo e Clementina

Clementina quere sentirse útil, realizada,...pero Arturo non entende iso e menosprecia as súas capacidades. Que fará Clementina?

Una feliz catástrofe

Xa fai 40 anos que se publicou este libro, pero segue moi actual.
Nesta familia de ratos unha catástrofe fai cambiar os papeis, modificar e eliminar estereotipos.

El príncipe ceniciento

Nova versión da Cincenta en clave de humor, con cambios de rol. O príncipe asume actitudes tradicionalmente asignadas ao mundo feminino.

El maltrato sutil

A verdadeira beleza está na actitude.

A SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

Dende este luns 7 de marzo e ata o venres

celebraremos no cole a 

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA.

Conmemoración incluída no 

Calendario escolar oficial dende 1989. En abril

dese ano celebrouse a primeira Semana e xa

imos pola vixésima oitava.

Un día desta Semana traballarase na aula con 

xornais. Nos periódicos sempre atopamos cousas que nos divirten, nos informan, sempre son unha 

boa opción de ler.

Se queredes pasar un bo rato pinchade no kiosko e a ler xornais de todo 

o mundo: nacionais, africanos, americanos, europeos,...


Pincha aquí para ler o xornal GALICIA HOXE.COM



"Leer te transporta". Se lemos viaxamos........
E que vos parece se surfeamos un pouco..........
















Día de Rosalía de Castro

Un ano máis o 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)  propón á cidadanía que se agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.

E, así, no Cole da Fraga imos celebralo elaborando e enviando unha postal cun verso que actúa de estímulo creativo para que rapazas e rapaces realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro. 

Como texto a seguinte estrofa de “Alborada”, de Cantares gallegos:

Canta, paxariño alegre, canta!
Canta porque o millo medre, canta!
Canta porque a luz te escoite, canta!
Canta que fuxeu a noite.


Aquí podedes ver como quedou o traballo colectivo que fixemos para a entrada do cole:



Na casa pronto volo recitarán as vosas fillas e fillos.

               Feliz Día de Rosalía!!


.

24 DE FEBREIRO- DÍA DE ROSALÍA

 O 24 DE FEBREIRO conmemoramos o día da nosa poetisa ROSALÍA DE CASTRO. Con tal fin e para contaxiarnos da beleza das súas palabras cada neno e nena do cole levará para compartir coa súa familia uns versos....disfrutádeo.


BUZÓN DA AMIZADE

Esta semana recibimos o noso BUZÓN DA AMIZADE!!!!, que ilusión!

Preguntaredesvos que cousa é esa...pois mirade, os nenos e as nenas de 2º de EP estamos facendo novos amigos. Cada un de eles e elas fixeron un amiguiño ou unha amigiña do CEIP Mosteiro de Caaveiro da Capela. Escribíronlle unha carta e xa recibiron tamén unha deles.


Que bonito é ter novas amizades!!!!
Aquí temos algunha das probas gráficas da entrega dos buzóns en cada un dos coles.




 

24 de Febreiro!!! Día de Rosalía de Castro


Coma acostumamos a facer cada 24 de febreiro no cole, este ano tamén imos celebrar o día de Rosalía de Castro.

Este ano compartiremos unha actividade con moitos outros centros de Galicia e coas nosas familias...que será???

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...