Mostrando entradas con la etiqueta Relixión Católica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Relixión Católica. Mostrar todas las entradas

Feliz volta ao cole!

Ola peques e pecas,
ao comezar un novo curso dende o cole queremos desexarvos unha feliz volta ás aulas e que estes meses que imos pasar todos  xuntos veñan cheos de felicidade; e que entre tod@s fagamos un mundo máis xusto e solidario.
BENVIDOS!!!







Pincha na imaxe para facer moitos xogos.

































FIXEMOS O CAMIÑO DE SANTIAGO

Que ben o pasamos e como camiñamos!!! Toda unha experiencia!!!

O xoves fixemos un tramo do Camiño francés, un día excelente, moi cansado, pero moi bonito e que quedará no recordo de todos.

Dende aquí queremos dar as grazas a tod@s os que fixéchedes isto posible: aos peques e pecas que nos deron unha gran lección coa súa responsabilidade e camiñaron os 14 km con gran enerxía disfrutando de todo.
 A ANPA, pola súa colaboración económica e aos papás e mamás que nos acompañaron e axudaron en todo, e a todos aqueles que querían vir e non puideron, mil grazas.
Aos profes, que sen eles isto non se pode sacar adiante, á nosa directora que deixou "o barco" por un día para acompañarnos e ao noso profe Carlos que sen él non poderíamos disfrutar destas xornadas de convivencia.
Aquí tedes algunhas fotos, a próxima semana colocaremos todas as que faltan.
Bo verán para tod@s!!




"HIJOS DE UN MISMO DIOS"

Para todos vos, e en especial para os peques 
e pecas que nos deixan este curso dedícolles esta canción "Hijos de un mismo Dios" de Macaco.

 Nesta canción faise unha reflexión sobre a incomunicación nun mundo hiper-conectado.

 Narra como o home vive, acostúmase e acaba anestesiado ante certos síntomas que padece a sociedade actual.

Unha das imaxes finais, o cable vermello co enchufe, é unha invitación á unidade dos homes para rescatar os valores.

Se somos fillos dun mesmo Deus, por que nos tratamos así?

 Deus respeta a liberdade do home, pero ás veces facemos un mal uso desa liberdade.

Nas vosas mans está facer deste mundo un lugar mellor.

Moito ánimo e éxitos!! Ata sempre. Bicos!!!

PARA REFLEXIONAR
MIRA AS IMAXES E PENSA O QUE NOS QUEREN DICIR........





















PEREGRIN@S: DE PALAS DE REI A MELIDE

Ola peregrin@s!

O próximo día 11 faremos unha andaina que corresponde a unha etapa do Camiño de Santiago, Palas de Rei-Melide, sobre 14 km. Se queredes coñecer un pouquiño máis sobre o percorrido pinchade nas seguintes imaxes.

Moito ánimo a tod@s nesta etapa final de curso.











PINCHA NAS SEGUINTES IMAXES PARA TER MÁIS INFORMACIÓN.






















































5 DE XUÑO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Ola peques e pecas!
O 5 de Xuño foi proclamado polas Nacións Unidas como Día Mundial do Medio Ambiente no ano 1972. Faise coa finalidade de que entendamos a importancia de protexer e conservar todo o que nos rodea e que nos foi dado de forma gratuita. A nosa obriga é conservalo.
  Italia é o país anfitrión este ano co eslogan " Sete mil millóns de sonos. Un só planeta. Consume con moderación."
 Tod@s podemos coidar o Medio Ambiente dende a nosa casa, dende a escola,.....tod@s podemos aportar.


PEQUENOS CONSELLOS































































CANTAMOS  CON PLIM PLIM E CON DOKI















XOGAMOS












CORTOMETRAXE SOBRE O DESPERDICIO DE ALIMENTOS

CRISTIANISMO E RELIXIÓNS MONOTEÍSTAS

Todos os cristiáns temos a mesma fe, Jesucristo, pero non estamos unidos nunha mesma igrexa. Así temos Igrexa Ortodoxa, Catolicismo e Igrexas Protestantes.



22 ABRIL DÍA DA TERRA.

"A palabra "nai" recórdanos a persoa que nos trouxo ao mundo, que nos axudou a convertirnos en quenes somos agora. 

A TERRA é a nosa nai: un planeta que sustenta a vida. Os seres humanos co tempo deixamos de depender do coidado materno constante, pero nunca deixamos de depender da nosa NAI TERRA.

Durante toda a vida necesitamos aire, auga, terra fértil, .......
Polo tanto non poñamos en perigo tantos sistemas que levan funcionando en harmonía dende fai milenios.
Cada vez somos máis conscientes dos estragos que causa a nosa especie humana: contaminación, escasez de recursos, extinción de especies de flora e fauna,....

As nosas decisións sobre o planeta teñen consecuencias para as xeracións futuras. Sabendo todo isto podemos cambiar a nosa forma de actuar."ONU

Os nen@s da clase de 5 anos estiveron traballando este tema e fixeron un traballo ben chulo chegando a moitas conclusións. Aquí están as imaxes.





















































PINCHA AQUÍ PARA MÁIS INFORMACIÓN

O CAMIÑO DE SANTIAGO. CAMIÑO DE EUROPA.


Santiago de Compostela, capital da Comunidade Autónoma de Galicia, é cidade declarada Patrimonio da Humanidade por ser meta dunha milenaria ruta de peregrinación: O CAMIÑO DE SANTIAGO. Toda Europa camiña hacia Santiago, cidade Santa da cristiandade.

Durante máis de mil anos O Camiño de Santiago conduciu aos peregrinos ata o santuario do Apóstolo Santiago o Maior. A súa tumba foi descuberta unha noite do ano 813 no monte do Libredón, baixo unha chuvia de estrelas, isto foi a primeira pedra dunha Catedral e dunha cidade, Santiago de Compostela.
Se pinchades nas imaxes coñeceredes un pouquiño máis a Catedral, incluso podedes facer unha visita virtual, O Camiño de Santiago, ..........Animádevos e comencemos .....












Pincha nas siguientes imaxes para obter toda a información.
Información sobre a Catedral, Apóstolo, Cidade, diferentes Camiños,.....e en diferentes idiomas.














PINCHA NA IMAXE PARA FACER UNHA VISITA VIRTUAL












HISTORIA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

TEMPO DE PASCUA. Xogamos e aprendemos.

Ola peques e pecas !! Estamos en tempo de Pascua, tempo de alegría e felicidade para tod@s.
Dende aquí podedes facer cestas de pascua, ovos e moitas mais cousiñas. Animádevos e recordade que temos un amigo que se chama Jesusito.




Easter Egg Swap: para gañar puntos tes que xuntar ovos da mesma cor tanto en horizontal coma en vertical.



http://www.zapjuegos.com/juego/creador-de-cestas-de-pascua
Se pinchas na imaxe podes facer cestas de pascua.










http://www.jacquielawson.com/viewcard.asp?code=5460845114187&source=jl999&utm_mediu

Pinchando na imaxe podes facer ovos de chocolate.















Historia do ovo de Pascua.


El conejo y la Pascua.
Feliz Pascua de Resurrección!!


Como ser auténtic@s superheroes.

Ola peques e pecas, ás veces oímos falar de superheroes que teñen poderes como capacidade para voar, forza atómica,....poderes que non están ao noso alcance e que só existen nas pelis.
Pero no noso mundo hai moitas inxustizas e necesítanse persoas que loiten para eliminalas e que axuden aos demais. O verdadeiro poder do auténtico superheroe RESIDE NOS SEUS VALORES, os cales debe entrenar e reforzar ao longo de toda a súa vida.
Tod@s podemos ser AUTÉNTICOS SUPERHEROES porque dispoñemos de valores e ferramentas como:
Neste video, Súperpepo recorda o seu primeiro ano na academia de Superheroes de Jotam, e como conseguíu a súa primeira capa. Axudando a unha compañeira.
https://www.youtube.com/watch?v=KD7I_xjQQ6c&list=PLAf2-nEeqeuM1SO_BNDMFTStt6Axjz94T



Se queredes ver outros videos de Súperpepo pinchade na imaxe.













No mundo real hai moitos superheroes que loitan para mellorar as súas vidas e as dos demais. Aquí tedes a un auténtico superheroe.







FONTE UTILIZADA MANOS UNIDAS
Cos seguintes xogos tomaremos conciencia da importancia do cambio climático e a nosa responsabilidade e tamén sobre como previr desastres.
http://educacion.manosunidas.org/HTMLRes/Educacion/Flash/3600_riesgolandia_AeA/default.htm











http://educacion.manosunidas.org/HTMLRes/Educacion/Flash/3700_mi_planeta_MU/default.htm






O NADAL

Xa se acerca o cumpre de Jesusito, os reis, as vacacións, as reunións coa familia e un Novo Ano para o que vos desexamos o mellor e sobre todo que podamos seguir aprendendo xuntos.
Aquí tedes xogos, videos, panxoliñas e moitas cousas máis para disfrutar da maxia e ilusión xa que só se pode ver o Nadal coa mirada dos nen@s.
 Moitos bicos!!!


http://www.rinconsolidario.org/palabrasamigas/pa/Navidad/navidadjuego.htm#
PINCHA NA IMAXE PARA FACER MOITOS XOGOS.



















https://sites.google.com/site/videoscontemasdenavidad/
SE PINCHAS NA IMAXE PODERÁS VER VIDEOS, PELIS, ESCOITAR PANXOLIÑAS,....(Do Blog Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro (LUGO).








http://www.juegosagogo.com/puzzle/pantallaCompleta/6069-Christmas%20Tree%20Decor
 AQUÍ PODES MONTAR A TÚA ÁRBORE (recorda encender as luces).









http://www.highlightskids.com/games/build-snowman

MONTAR UN MUÑECO DE NEVE









http://www.edu365.cat/nadal/img_nadal/fespessebre.swf



MONTAR UN BELÉN









http://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=1198072e00e6&view=maximized&pview=iframe

MONTA UN PUZZLE












24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...