Ola amigos!!!
Xa logo comeza o mes de outubro e quero
lembrarvos que daquela xa abre a biblioteca durante os recreos e tamén polas
tardes.
Hai algunhas novidades, como por exemplo que a
biblioteca abrirá de luns a xoves. Os venres non
estará aberta.
Tamén
vos direi que o curso pasado estropeáronse un pouco os sillóns do rincón de
lectura. Agora xa están amañados pero hai que TRATALOS MOI BEN se non queremos
quedar sen eles. Polo tanto, sentádevos ben, un en cada sillón e non xoguedes
con eles.
Espero vervos
moi pronto por alí. Eu estarei vixiando para saber quen vai ler ou coller
libros e tamén mirarei como vos portades.
Como en anos anteriores, e sabendo que
sempre o facedes moi ben, quero pedirvos que me axudedes. Este curso, como fixo
Xosé Filgueira Valverde- autor ao
que no 2015 se lle adican as Letras Galegas- pídovos que busquedes, coa
colaboración da vosa familia, topónimos
(nomes de lugar) curiosos ou que vos chamen a atención e que me contedes curiosidades acerca deles
(orixe do nome, cancións, lendas, imaxes do lugar...). Agardo impaciente...
E... Xa sabedes:
CANTO MÁIS
LEDES,
MÁIS
IMAXINACIÓN TEREDES
E
MÁIS COUSAS SABEREDES.
Moitos biquiños de
Roel