O sistema Solar, por Naiara Vérez, 2º EP



" O Sistema solar ", por Naiara Vérez Hermida, de 2º EP.
 
 
Naiara presentounos o seu traballo sobre o sistema solar: a súa orixe, como os días da semana toman o seu nome dos planetas e outras moitas cousas superinteresantes!!!

Fantástico, Naiara, agardamos o teu seguinte traballo!!!








.

"O lago Balaton", por David Prieto, 2º EP



" O lago Balaton ", por David Prieto Pena, de 2º EP.
 
 
David foi iste verán a Hungría e hoxe contounos cousas do seu país, especialmente do lago Balaton!!! a
Foi superinteresante, encantounos que nos contara cousas tan bonitas!!

Noraboa, David, esperamos que máis adiante nos contes outras cousas igualmente interesantes!!!








.

Visitounos Roel!!

Que sorpresa tivemos hoxe!

Visitounos Roel

e trouxo cartas para todos os cursos.

Canta emoción, 
 xa voltou das vacacións e 

vai moito pola biblioteca.

Alí ten un buzón para que lle deixemos debuxos, cartas,.....

Parece ser que xoga moito pola fraga, 
alí plantou unha árbore que os peques de 5 anos andan a buscar

e aos nenos de 6º falou de mediar.


Que pillabán!!!!

Ata pronto Roel, Non tardes moito!!
 Pasámolo moi ben contigo!

Bicosssssss


"As patacas", por Juan Filgueiras, 2º EP.



" As patacas ", por Juan Filgueiras Pérez, de 2º EP.
 
 
Juan acaba de explicarnos todo o que aprendeu sobre as patacas: a súa orixe, o seu crecemento, tradicións, etc... Que traballo tan interesante!!

Fantástico, Juan, a ver se máis adiante plantamos unhas patacas no horto escolar do colexio!!!








.

"HAKUNA MATATA" vive y sé feliz

Ola peques e pecas,
 iniciamos un novo curso con moitas sorpresas.

Aos nosos amigos : 
Jesusito, Peregrina, Monxe Benito, 
únese 
Santiago Peregrino 
e o seu  canciño Tobi 
                                 

e alguén máis que está a punto de chegar........que emoción!!

Feliz curso para todos,
 aprendede  moito, disfrutade e 
sede felices.

O lema deste curso é

HAKUNA MATATA


Sé feliz....tes un motivo marabilloso para selo, TI.


E para os máis peques  o seu amigo Bartolito




Benvid@s a un novo curso!


Dende o Equipo Directivo, Claustro de Profes e Persoal non docente damos a benvida a un novo curso a todos os alumnos e familias.
                   

Grazas pola vosa confianza.


Seguiremos a traballar para ofrecer unha educación de calidade:
Educación Plurilingüe
Plan Proxecta
Equipo de mediación
Escola de familias
Invernadoiro
Biblioteca
.............
e introduciremos novidades.

E animámosvos a participar nas reunións, iniciativas e actividades que levaremos a cabo porque a vosa colaboración é esencial para consolidar estes proxectos.

   FELIZ CURSO!!!





BOA VIAXE

Boa viaxe peques e pecas,

 rematades unha etapa,

 moitos recordos do centro do cal xa formades parte desde agora, 


e iniciades outra na que vos desexamos moitos éxitos e                                                                     cousas novas por descubrir.

Bicos, moita sorte e ata sempre!  
O NOSO PASO POLA FRAGA XUÑO 2016 on PhotoPeach

CELEBRAMOS O DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O Día Mundial do Medio Ambiente celébrase o día 5 de xuño

 co obxetivo de sensibilizar á poboación sobre o Planeta Terra. 

Esta data foi establecida pola Asamblea Xeral das Nacións     
                    Unidas.





"Si supiera que el mundo se ha de acabar mañana, yo hoy aún plantaría un árbol." 
Martin Luther King.








Para celebrar este día a clase de 3ºEP, dende as  asignaturas de Relixión e Valores, visitamos a clase de catro anos da profe Rosa.

Explicáronnos o Proxecto sobre As plantas que están a traballar.

Se queredes ver todo o que aprendimos mirade o video.
Moitas grazas peques e profe.

CELEBRAMOS O MEDIO AMBIENTE on PhotoPeach

@S LARPEIR@S DA FRAGA. 4ªSEMANA.

 

@s alumn@s do colexio desfrutaron desta última semana da froita do Plan Proxecta con peladillo, albaricoque, plátano, pera e melón na hora dos tentempés.

As últimas actividades levadas a cabo foron:


-          Cociña creativa con froitas do verán en 3º de educación primaria.

Fixeron brochetas de sandía.


 
 
 
 

E barcos veleiros con melón e laranxa.


1º Cortamos metade do melón en 3 rebandas, estas á metade, sacámoslles as sementes e colocámolas estratexicamente.
 

2º Repartimos as brochetas e a carapela do melón e das laranxas para facer as velas.
 











3º Colocaron as carapelas nos paus, clavaron no melón e este foi o resultado!!!

 


 
 

- O arco iris dos vexetais.

 
Con esta actividade que nos propoñía o conto dos Bolechas “Fan unha merenda con vexetais” os alumnos/as coñeceron froitas e verduras de todas as cores e para que son boas cada unha delas.
 

-          Mural das froitas da primavera e do verán.

 
 

 
Xa para finalizar cas catro temporadas, as clases están elaborando traballos sobre algunhas froitas da primavera e do verán. Nuns días poderedes ollalo na entrada do centro.

Os peques e pecas de 1ºEP seguen camiñando con Peregrina.

Os peques e pecas de 1º EP seguen camiñando con Peregrina.

Susana recolleu conchas en Pontedeume; 

Leire pedras, caracolas e conchas;

Arianne fíxolle un libriño

e Silvia construíu unha igrexa!!

Moi ben feito peques!

Grazas polos vosos traballos e pola colaboración das familias.
Mirade o video con todos os traballos.

PEREGRINA on PhotoPeach

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...