Mostrando entradas con la etiqueta Día do Medio Ambiente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Medio Ambiente. Mostrar todas las entradas

5 DE XUÑO CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O Día Mundial do Medio Ambiente celébrase dende 1972.

O tema deste ano é a biodiversidade. 

A biodiversidade son todos os seres vivos do planeta, cada membro desa biodiversidade é importante no equilibrio natural. 

Sen biodiversidade a saúde humana está en  problemas.

 Da biodiversidade depende que teñamos auga limpa, aire puro, alimentos nutritivos,...

Incendios forestais e agora a pandemia da COVID-19 
demóstranos que hai unha gran relación entre
 os humanos e o planeta no que vivimos. 

A natureza estanos a mandar unha mensaxe.

Os nosos alumn@s alzan a voz polo futuro do planeta.
Excelente traballo Mateo, Rafa e Lucía.
Parabéns!!!!



CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


 O Día Mundial do Medio Ambiente é a data máis importante no calendario oficial das Nacións Unidas

 para fomentar a conciencia e a acción global a favor da protección do medio ambiente.

 Desde 1974, este día converteuse nunha plataforma global de alcance público, amplamente celebrado en máis de 100 países.

 Cada Día Mundial do Medio Ambiente céntrase nunha preocupación ambiental particularmente preocupante:


O tema de 2018 é vencer á contaminación por plásticos.

  

 
A mensaxe deste Día Mundial do Medio Ambiente é simple:

 “Rexeita o plástico descartable. Se non podes reusalo, rexéitao. Xuntos podemos trazar o camiño cara a un planeta máis limpo e verde.”
(António Guterres, Secretario Xeral da ONU).




  





 O país anfitrión do Día Mundial do Medio Ambiente, onde teñen lugar as celebracións oficiais, varía anualmente. Este ano é India.


Curiosamente Roel pasou pola India na súa viaxe arredor do mundo!!





Hoxe no cole celebramos este Día con vídeos, cancións e cunha explicación na que tamén estivo a nosa amiga Cora.


Pasámolo xenial e aprendimos moitas cousas. 

Somos coidadores do planeta!!!!!













Os océanos, por Amaia Pumares








" A Torre de Hércules ", por Silvia Calvo Vilaboy, de 2º EP. 
Amaia ven de presentarnos un extraordinario traballo de investigación sobre os océanos. Falounos das súas características, diferencias cos mares, animais mariños, contaminación, etc...!!!


Agora cando vaiamos á praia lembraremos moitas destas cousas e gozaremos do mar ou do océano moito máis... Grazas Amaia por un traballo tan interesante!!!





















.

CELEBRAMOS O DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O Día Mundial do Medio Ambiente celébrase o día 5 de xuño

 co obxetivo de sensibilizar á poboación sobre o Planeta Terra. 

Esta data foi establecida pola Asamblea Xeral das Nacións     
                    Unidas.





"Si supiera que el mundo se ha de acabar mañana, yo hoy aún plantaría un árbol." 
Martin Luther King.








Para celebrar este día a clase de 3ºEP, dende as  asignaturas de Relixión e Valores, visitamos a clase de catro anos da profe Rosa.

Explicáronnos o Proxecto sobre As plantas que están a traballar.

Se queredes ver todo o que aprendimos mirade o video.
Moitas grazas peques e profe.

CELEBRAMOS O MEDIO AMBIENTE on PhotoPeach

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...