CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


 O Día Mundial do Medio Ambiente é a data máis importante no calendario oficial das Nacións Unidas

 para fomentar a conciencia e a acción global a favor da protección do medio ambiente.

 Desde 1974, este día converteuse nunha plataforma global de alcance público, amplamente celebrado en máis de 100 países.

 Cada Día Mundial do Medio Ambiente céntrase nunha preocupación ambiental particularmente preocupante:


O tema de 2018 é vencer á contaminación por plásticos.

  

 
A mensaxe deste Día Mundial do Medio Ambiente é simple:

 “Rexeita o plástico descartable. Se non podes reusalo, rexéitao. Xuntos podemos trazar o camiño cara a un planeta máis limpo e verde.”
(António Guterres, Secretario Xeral da ONU).




  





 O país anfitrión do Día Mundial do Medio Ambiente, onde teñen lugar as celebracións oficiais, varía anualmente. Este ano é India.


Curiosamente Roel pasou pola India na súa viaxe arredor do mundo!!





Hoxe no cole celebramos este Día con vídeos, cancións e cunha explicación na que tamén estivo a nosa amiga Cora.


Pasámolo xenial e aprendimos moitas cousas. 

Somos coidadores do planeta!!!!!













Comentarios

Entradas populares