Entrevistamos a Carlos Sardiña.


Entrevistamos a Carlos Sardiña.

Autor das ilustracións
 que fan do cole A Fraga
 un mundo de soños e maxia.


 Carlos é Ilustrador e deseñador gráfico.
 Fundador de http://telodibujamos.com/,
 é autor de numerosas publicacións 
e como ilustrador colaborou en libros como
Galicia acorda, Bóveda ou Ferro Caaveiro, o arquitecto rebelde da catedral,…
Entrevista feita polo alumnado de 3ºE.P.


Ø  Canto tempo levas pintando? Toda a vida e dende fai 4 ou 5 anos estou sendo deseñador gráfico.
Ø  De donde che veñen as ideas das pinturas? Da cabeza. Soe ser todo inventado.
Ø  Cal foi o primeiro debuxo que fixeches? Non me lembro.
Ø  Como aprendiches a debuxar e pintar? Aprendín eu só e con moita práctica.
Ø  Alguén da túa familia pinta? Non, non pintan.






Ø  Puxécheste triste algunha vez ao pintar? Non, eu non me poño triste.
Ø  Por que che gusta pintar? Porque é unha forma bonita de imaxinación.
Ø  Tes moito traballo? Bastante, teño unha empresa en internet. Telodibujamos.com.
Ø  Canto tempo tardas en facer pinturas? Se é a lápiz moi pouco, se hai que pintar tardo moito.

Ø  Que tipos de debuxos che gusta facer? Gústanme de monstruos.

Ø  Cantos debuxos fixeches aproximadamente? 10000 seguro.

Ø  Fuches a algún campeonato de pintura? Fun a algún concurso.
Ø  Por que pintaches a Biblioteca? Porque mo dixo Manuel.
Ø  Como se che ocorreron as pinturas da Biblio? Dos debuxos e das personaxes famosas dos libros.
Ø  De todos os debuxos que fixeches, cal é o teu favorito? Non o sei.
Ø  E da nosa Biblioteca? O do Nautilus.


Grazas Carlos!!!!!

Comentarios

Entradas populares