O pasado martes 5 de Xuño foi o día mundial do Medio Ambiente, e os nenos da clase de 4 anos o celebramos traballando o auga.
A profesora tróuxonos un conto "A gotiña Cristalina" que moi atentos todos escoitamos.
Despois falamos sobre a importancia de non malgastar nin contaminar o agua e que cousas poderíamos facer nos para evitar isto. ¡Todos dimos moitas ideas e prometemos cumprilas!
A mestra tíñanos preparado un mural sobre o aforro da agua, que comentamos entre todos e que despois coloreamos. Moitas cousas das que falamos nos xa as facíamos ben.
Para rematar vimos alguns videos relacionados co medio ambiente e outros máis concretos relacionados co agua, cos que non so aprendimos, se non que rímonos moito.
Foi un bo dia!