CLOTHES

Hi, kids!

If you click on the image you will find some activities about clothes.



This is a link to an interesting learning site:




2 DE ABRIL DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen,(SE QUERES VER OS SEUS CONTOS PINCHA AQUÍ) o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación, encontros con escritores e ilustradores, concursos e outras accións puntuais.
 Este ano foi a sección irlandesa de IBBY e a encargada de facelo  é Siobhán Parkinson coa ilustradora  NIAMH SHARKEY.

 DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2014
CARTA AOS NENOS DO MUNDO 



OS LECTORES, a miúdo lle preguntan aos escritores como escriben as súas historias - De onde saen as ideas? Veñen da miña imaxinación, contéstalles o escritor. Ah, claro, adoita responder o lector. Pero, onde está a túa imaxinación, de que está feita e é certo que todo o mundo ten unha?

Ben, responde o escritor, está na miña cabeza, por suposto, e está composta de imaxes e palabras e recordos e rastros doutras historias e palabras e fragmentos de cousas e melodías e pensamentos e rostros e monstros e formas e palabras e movementos e palabras, ondas e arabescos e paisaxes e palabras e perfumes e sentimentos e cores e rimas e pequenos estalos e asubíos e sabores e explosións de enerxía e adiviñas e brisas e palabras. Todo iso xirando aí dentro e cantando e comportándose como un calidoscopio e aboiando e sentándose e pensando e rañando a cabeza.

Por suposto que todo o mundo ten imaxinación: sen ela, non seriamos capaces de soñar. Porén, non toda imaxinación ten as mesmas cousas dentro dela. Probablemente, a imaxinación dos cociñeiros conteña na súa maioría sabores, da mesma maneira que a imaxinación dos artistas conterá sobre todo cores e formas. A imaxinación dos escritores está principalmente chea de palabras.

Para os lectores oíntes de historias, as súas imaxinacións tamén se nutren de palabras. A imaxinación dun escritor traballa, dá voltas e dá forma ás ideas, aos sons, ás voces, aos personaxes e aos acontecementos ata convertelos nunha historia; esta historia non está composta doutra cousa que non sexan palabras, batallóns de garabatos desfilando polas páxinas. Entón ocorre que, de pronto, chega un lector e eses garabatos cobran vida. Seguen estando na páxina, seguen parecendo garabatos pero tamén están choutando na imaxinación do lector, e este dá forma e fía as palabras para que a historia agora teña lugar na súa cabeza, como tivo lugar na cabeza do escritor.

Este é o motivo polo que o lector é tan importante para unha historia como o é o escritor. Só hai un escritor para cada unha delas, pero hai centos ou miles ou incluso ás veces millóns de lectores de historias, que len no mesmo idioma que o do escritor ou que quizais ata lean traducións en moitos outros idiomas diferentes. Sen o escritor, non nace o conto; sen todos os miles de lectores arredor do mundo, o conto non chegará nunca a vivir todas as vidas que pode vivir.

Todo lector dunha historia ten algo en común cos outros lectores desa mesma historia. Separadamente, aínda que tamén dalgunha maneira xuntos, eles recrearon a historia na súa propia imaxinación: unha acción que é tanto privada como pública, individual como común, íntima como internacional.
É, posiblemente, o que os humanos fan mellor.
Seguide lendo!

Siobhán Parkinson
Autora, editora, tradutora
e gañadora do Premio na nÓg

Traducción: Concha Blanco

“Os cans pastores”, por Noa Giz de 1º de EP.



"Os cans pastores", por Noa Giz, de 1º EP.
Noa contounos moitísimas cousas dos cans pastores: razas, como axudan ás persoas a coidar do gando… foi moi interesante!!

Xenial, Noa, esperamos que nos contes máis cousas outro día!!!








.

St. Pactrick's Day

http://www.chiscos.net/almacen/lim/st_patricklim7/st_patricklim.html
                         

Hello, everyone!
If you click on the calendar you will find some activities to learn about St. Patrick's Day.
I hope you enjoy them.


http://www.chiscos.net/xestor/chs/belenjunquera/sanpatrick/sanpatrick.html

Click on the shamrock. It brings good luck!




HORA DE LER. SEMANA DA PRENSA.

Xa chegamoa á semana da prensa na escola!!
A Semana da Prensa foi instituída en Galicia por iniciativa de La Voz e celebrouse por primeira vez do 17 ao 21 de abril de 1989. Dende entón aparece anualmente no calendario escolar oficial, habitualmente a mediados do mes de marzo, este ano do 10 ó 14, especificando que "un día desta semana traballarase na aula cos xornais".
Se pinchas na imaxe poderás ler moitos xornais, anímate e disfruta!! Hora de ler!!




http://kiosko.net/es/geo/Galicia.html
Pincha no kiosko para ler xornais galegos e de todo o mundo.









PARA LER O XORNAL GALICIA HOXE PINCHA AQUÍ.

TELLING THE TIME AND DAILY ROUTINE

Hello kids!

If you click on the image you will find a book to practice  how to tell the time and how to talk about your daily routine.




NAIS, FILLAS, AVOAS, MARISQUEIRAS, MESTRAS,.....

O 8 de marzo aparece no calendario escolar coma un día de conmemoración sinalado pola Consellería de Educación. O Día Imnternacional da Muller.
En Galicia sempre houbo" mulleres pioneiras, valentes, talentosas, abnegadas, mulleres, nais, fillas, labregas, marisqueiras, ....."que abriron e fixeron camiño, como Irene, pioneira na práctica do fútbol en Galicia e no mundo; Concepción Arenal, que para poder estudar Dereito na Universidade tivo que disfrazarse de home; María Casares, grande actriz galega con éxito no teatro europeo,....e moitísimas máis!
Pensemos nas nosas nais, avoas, veciñas,......mulleres que traballan ou traballaban dentro e fóra da casa,....Por que non facerlles unha homenaxe? Se queredes recordalas enviade as súas fotos, comentarios,dedicatorias.... sempre dende o respeto e admiración a esta dirección de gmail e faremos unha publicación de todas elas, tamén podedes darllas dierectamaente a Cristina ( o envío da foto presupón a autorización para publicala) ata o 8 de marzo:

                                                                                   roeldafraga@gmail.com



http://tv.edex.es/digan-lo-que-digan-/detalle-recurso/recursoID/682208fb-727d-4d55-add4-fa984cec5db1

A Sergio non lle importa o que pensen, quere facer un taller de cerámica. Os seus amigos critícano, pensan que iso é de chicas. Que pensas ti?

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...