O sábado 17 de maio dentro das actividades para celebrar o Día das Letras Galegas, tres alumnas do noso cole participaron, xunto con outros colexios de As Pontes, na lectura pública de textos en galego no Liceo. Noraboa a Paula de 2ºE.P. e a Cristina e Alba de 6ºE.P. Pasámolo moi ben e animádevos todos a participar o próximo curso.
Aquí vos deixo algunhas fotos.
Ola a tod@s,
canta diversión tivemos o xoves no festival das Letras Galegas. Celebramos a festa da nosa lingua e homenaxeamos a Xosé María Díaz Castro. Rock, rap, o baile da carrasquiña, o baile do pirata, teatro, recitamos a Antón Cortizas, bailamos, cantamos, ......A ABUELA MANUELA, que risas!!!
Parabéns a tod@s!
Aquí vos deixo algunhas fotos, pero estade moi atentos ao facebook do cole onde aparecerán moitas máis.