Pois cada un de vós traerá un libro co nome posto que queira compartir para deixar no noso colexio co gallo de que outros compañeiros e compañeiras os collan, leven á casa, os disfruten, os lean e compartan coa familia e os devolvan. Os libros, probablemente non os recuperedes, así que pensade ben cal queredes traer.
Teño unha idea! Cada unha
das persoas que o leven deixará un agasallo persoal (debuxo, comentário,
tarxeta...) para que cando o colla a seguinte persoa leve unha agradable
sorpresa...
Na
primeira folla do libro haberá unha etiqueta onde poredes o nome e curso da
persoa que colleu o libro e a emoción que sentiu con el.
Veña, veña!
Mans á obra, que me está tardando traer o meu libro....
E...
Xa sabedes:
CANTO MÁIS
LEDES,
MÁIS IMAXINACIÓN TEREDES
E MÁIS
COUSAS SABEREDES.
Moitos biquiños de
Roel