VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

Viva!!!
Xa comezou un novo curso!!! Espero que moi ben todos.

Eu ainda estou polas Fragas pero BÓTOVOS MOITO DE MENOS, e vós a min? 

Moi pronto nos voltaremos a ver.

Agora teño un mandado para vós:

Quérovos dicir que a partir do día 1 de outubro, xa podedes ir á biblioteca a ler, coller libros,etc...

Pero lembrade que a biblioteca ten unhas normas e hai que cumplilas, se non, non podedes estar alí.
Que pasedes un bo curso!!!
Ata a próxima!!
             Roel                                              

Feliz volta ao cole!

Ola peques e pecas,
ao comezar un novo curso dende o cole queremos desexarvos unha feliz volta ás aulas e que estes meses que imos pasar todos  xuntos veñan cheos de felicidade; e que entre tod@s fagamos un mundo máis xusto e solidario.
BENVIDOS!!!







Pincha na imaxe para facer moitos xogos.

































FIXEMOS O CAMIÑO DE SANTIAGO

Que ben o pasamos e como camiñamos!!! Toda unha experiencia!!!

O xoves fixemos un tramo do Camiño francés, un día excelente, moi cansado, pero moi bonito e que quedará no recordo de todos.

Dende aquí queremos dar as grazas a tod@s os que fixéchedes isto posible: aos peques e pecas que nos deron unha gran lección coa súa responsabilidade e camiñaron os 14 km con gran enerxía disfrutando de todo.
 A ANPA, pola súa colaboración económica e aos papás e mamás que nos acompañaron e axudaron en todo, e a todos aqueles que querían vir e non puideron, mil grazas.
Aos profes, que sen eles isto non se pode sacar adiante, á nosa directora que deixou "o barco" por un día para acompañarnos e ao noso profe Carlos que sen él non poderíamos disfrutar destas xornadas de convivencia.
Aquí tedes algunhas fotos, a próxima semana colocaremos todas as que faltan.
Bo verán para tod@s!!




"HIJOS DE UN MISMO DIOS"

Para todos vos, e en especial para os peques 
e pecas que nos deixan este curso dedícolles esta canción "Hijos de un mismo Dios" de Macaco.

 Nesta canción faise unha reflexión sobre a incomunicación nun mundo hiper-conectado.

 Narra como o home vive, acostúmase e acaba anestesiado ante certos síntomas que padece a sociedade actual.

Unha das imaxes finais, o cable vermello co enchufe, é unha invitación á unidade dos homes para rescatar os valores.

Se somos fillos dun mesmo Deus, por que nos tratamos así?

 Deus respeta a liberdade do home, pero ás veces facemos un mal uso desa liberdade.

Nas vosas mans está facer deste mundo un lugar mellor.

Moito ánimo e éxitos!! Ata sempre. Bicos!!!

PARA REFLEXIONAR
MIRA AS IMAXES E PENSA O QUE NOS QUEREN DICIR........





















Saída a Marcelle: Ed. Infantil, 1º e 2º de EP

DSC_0308Hoxe fomos a Marcelle, a ver os animais e a pasalo moi ben coas actividades que ali teñen… Pasámolo xenial!!!

 

Para que vos fagades unha idea deixámosvos o enlace á galería de fotos… Botádelle unha ollada, xa veredes que ben o pasamos!!

 

GALERÍA DE FOTOS MARCELLE 2015

 

.

PEREGRIN@S: DE PALAS DE REI A MELIDE

Ola peregrin@s!

O próximo día 11 faremos unha andaina que corresponde a unha etapa do Camiño de Santiago, Palas de Rei-Melide, sobre 14 km. Se queredes coñecer un pouquiño máis sobre o percorrido pinchade nas seguintes imaxes.

Moito ánimo a tod@s nesta etapa final de curso.











PINCHA NAS SEGUINTES IMAXES PARA TER MÁIS INFORMACIÓN.






















































5 DE XUÑO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Ola peques e pecas!
O 5 de Xuño foi proclamado polas Nacións Unidas como Día Mundial do Medio Ambiente no ano 1972. Faise coa finalidade de que entendamos a importancia de protexer e conservar todo o que nos rodea e que nos foi dado de forma gratuita. A nosa obriga é conservalo.
  Italia é o país anfitrión este ano co eslogan " Sete mil millóns de sonos. Un só planeta. Consume con moderación."
 Tod@s podemos coidar o Medio Ambiente dende a nosa casa, dende a escola,.....tod@s podemos aportar.


PEQUENOS CONSELLOS































































CANTAMOS  CON PLIM PLIM E CON DOKI















XOGAMOS












CORTOMETRAXE SOBRE O DESPERDICIO DE ALIMENTOS

CRISTIANISMO E RELIXIÓNS MONOTEÍSTAS

Todos os cristiáns temos a mesma fe, Jesucristo, pero non estamos unidos nunha mesma igrexa. Así temos Igrexa Ortodoxa, Catolicismo e Igrexas Protestantes.



24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...