MAGIC HAPPENS!!!



    The first was Maria.

   Then, Santa followed her.

   The Three Kings came after him.

   Now, Becca is here!

   Magic does happen.

  
  Thanks for visiting us, Becca!
  
  We love you!







Parabéns Lucía Ramudo!!!

Encántanos ter noticias dos nosos ex-alumnos e ex-alumnas e cando son, como neste caso, de grandes éxitos, sentímonos moi orgullosos e felices.

Lucía ven de gañar o concurso "Bamboleo pequenos fenómenos", interpretando “Diamonds”, de Rihanna, e “Solo tú”, de Paula Rojo. 


PARABÉNS, LUCÍA!!!

Ademais, Lucía doou o premio, dotado con 2.000 €, á Asociación Animalista das Pontes “Pegadas Solidarias”.

Se queredes ver a Lucía na final visitade esta páxina da Televisión de Galicia. No vídeo da final Lucía actúa nos minutos 33:35 e 1:45:15.  E se queredes ver como o xurado a proclamou gañadora, tedes que ir ata o minuto 2:22:20.


Segue así, Lucía, esperamos verte no futuro no máis alto das listas de éxitos e, tamén, esperamos verte pronto polo cole para felicitarte en persoa!!




.

WARM GREETINGS TO OUR FRIENDS IN THE USA!!!

BEST WISHES FOR THE COMING YEAR!!!



        Santa has came to As Pontes.


                     His spirit is still here.



    I hope it remains throughout the coming year!






    The Three Wise Men are on their way!!!










MERRY CHRISTMAS on PhotoPeach

OS LARPEIR@S DA FROITA DA FRAGA

Co obxectivo de fomentar as prácticas de alimentación saudable entre o noso alumnado, ó longo do trimestre fixemos entre outras actividades, este mural sobre as froitas do outono, para o que cada curso buscou e elaborou información sobre unha peza da tempada.




                                                             A MANDARINA

                               


                                                              A CASTAÑA

                               


                                                                   A MAZÁ

                               


                                                                 O MANGO

                                         


                                                                 O FIGO

                                


                                                                  O KAKI

 
 
                                                                          A PERA

 



E por fin antes de rematar o 1º trimestre puidemos desfrutar da 1º semana da froita do Plan Proxecta, durante a cal comemos moita froita e fixemos platos moi creativos...

Con plátano: delfíns, unha ovella, un gusano e un boneco de neve.

      

Con mazá: unha con verme, un pavo real e un coche.
 



 
E con kiwi fixemos estas árbores de Navidade.


 

 

 
 E para dar por rematado o Festival de Nadal ata tomamos as uvas coas doce campanadas na Porta do Sol!!!!!!


 


                                     


E aí vos queda outro prato creativo para facer nestas datas!! A gozar das vacacións!!!





 
 

 

  







 

 
 

 

 

 

 

BO NADAL E VENTUREIRO ANO NOVO

Ola peques e pecas, é tempo de Nadal. E queremos desexarvos  que o neno Xesús co seu infinito amor e bontade ilumine o voso corazón e fogar. Que todos os días do ano sexan Nadal. Moitos bicosss.

PINCHA NAS IMAXES PARA VELAS EN GRANDE.
 No corredor esquerdo do cole podedes disfrutar da nosa ruta dos Beléns, un traballo colaborativo entre todas as clases de reli.
 @s alumn@s de segundo fixeron un gran Belén de plastilina, traballaron ben duro e quedou precioso. O tapete de estreliñas fixérono os@s nen@s de tres anos e os de cinco aniños fixeron unhas árbores de Nadal con pintura de dedos. Ademáis diseñaron os cartéis que indican a ruta dos beléns.
@s alumn@s de 5º EP fixeron unhos beléns con caixiñas e materiais reciclados; e todos os cursos escribiron os seus desexos de Nadal que quedaron colocados nuns globiños. E non nos podemos olvidar dos traballiños feitos polos alumn@s de 6ºEP sobre o Nadal no mundo.
Moi ben traballado peques!!! Noraboa!!

 PINCHA AQUÍ PARA FACER XOGOS DE NADAL


PUZZLES DE NADAL

E SE PINCHAS AQUÍ PODES MONTAR O TEU PROPIO BELÉN


E AQUÍ OUTRAS ACTIVIDADES DE NADAL
  











Campaña "Un Nadal para todos"


Queridas familias :

Dende o colexio A Fraga queremos pedir a  vosa colaboración para que  nestas festas ningunha familia da nosa vila e, moi especialmente os máis pequenos,  o pase mal por falta de alimentos, de produtos de hixiene (cepillos e pasta de dentes, xel…) ou sen algún producto de Nadal (turróns, mazapáns, polvoróns, etc).

Podemos axudar entre todos deixando a nosa aportación nunha caixa que colocaremos na entrada do cole. Os alimentos recollidos serán enviados ao Concello para o seu reparto entre as familias.

Tamén podemos colaborar con xoguetes que teñamos na  casa, únicamente en moi bo estado, non queremos que os nenos xoguen con xoguetes rotos, suxos, gastados ou que dalgunha maneira se sintan desfavorecidos.

A recollida realizarase do 11 ao 16 de decembro.

Moitas grazas pola vosa colaboración.


O claustro



.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...