E, así, no Cole da Fraga imos celebralo elaborando e enviando unha postal cun verso que actúa de estímulo creativo para que rapazas e rapaces realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro.
Como texto a seguinte estrofa de “Alborada”, de Cantares gallegos:
Canta, paxariño alegre, canta!
Canta porque o millo medre, canta!
Canta porque a luz te escoite, canta!
Canta que fuxeu a noite.
Aquí podedes ver como quedou o traballo colectivo que fixemos para a entrada do cole:
Na casa pronto volo recitarán as vosas fillas e fillos.
Feliz Día de Rosalía!!
.