Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria. As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
Escola de Familias: "Rabietas, caprichos e berrinches..."
O vindeiro martes, 1 de marzo, ás 16, 30 horas, celebraremos a segunda sesión da nosa escola de familias.
Nesta ocasión o tema a tratar vai sobre as "rabietas, caprichos e berrinches", que son e a súa relación co establecemento de normas e as consecuencias a aplicar.
Deixámosvos a nota informativa desta sesión e invitámosvos a todas e todos a asistir e participar.
E, por suposto, está aberta a todo o mundo, mamás e papás, avós, irmáns, tíos... ou simplemente persoas interesadas no tema, aínda que non pertenzan ao noso centro.
Esperamos que vos guste!!!
Día de Rosalía de Castro
Un ano máis o 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón á cidadanía que se agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.
E, así, no Cole da Fraga imos celebralo elaborando e enviando unha postal cun verso que actúa de estímulo creativo para que rapazas e rapaces realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro.
Aquí podedes ver como quedou o traballo colectivo que fixemos para a entrada do cole:
Na casa pronto volo recitarán as vosas fillas e fillos.
Feliz Día de Rosalía!!
.

Como texto a seguinte estrofa de “Alborada”, de Cantares gallegos:
Canta, paxariño alegre, canta!
Canta porque o millo medre, canta!
Canta porque a luz te escoite, canta!
Canta que fuxeu a noite.
Aquí podedes ver como quedou o traballo colectivo que fixemos para a entrada do cole:
Na casa pronto volo recitarán as vosas fillas e fillos.
Feliz Día de Rosalía!!
.
24 DE FEBREIRO- DÍA DE ROSALÍA
O 24 DE FEBREIRO conmemoramos o día da nosa poetisa ROSALÍA DE CASTRO. Con tal fin e para contaxiarnos da beleza das súas palabras cada neno e nena do cole levará para compartir coa súa familia uns versos....disfrutádeo.
BUZÓN DA AMIZADE
Esta semana recibimos o noso BUZÓN DA AMIZADE!!!!, que ilusión!
Preguntaredesvos que cousa é esa...pois mirade, os nenos e as nenas de 2º de EP estamos facendo novos amigos. Cada un de eles e elas fixeron un amiguiño ou unha amigiña do CEIP Mosteiro de Caaveiro da Capela. Escribíronlle unha carta e xa recibiron tamén unha deles.
Que bonito é ter novas amizades!!!!
Aquí temos algunha das probas gráficas da entrega dos buzóns en cada un dos coles.

Novos números de teléfono
Vimos de renovar a nosa infraestructura telefónica e temos nova numeración:
Teléfono: 881 938 156
Fax: 881 938 157
Igualmente poden poñerse en contacto con nós a traves do correo electrónico mediante as direccións:
info@ceipafraga.org
ceip.afraga@edu.xunta.es
24 de Febreiro!!! Día de Rosalía de Castro
Coma acostumamos a facer cada 24 de febreiro no cole, este ano tamén imos celebrar o día de Rosalía de Castro.
Este ano compartiremos unha actividade con moitos outros centros de Galicia e coas nosas familias...que será???
"A pulga e o piollo"
"A pulga e o piollo", 1º EP curso 2015-16.
Os rapaces e rapazas de 1º de Primaria estamos traballando para mellorar a nosa lectura e, tamén, para aprender a estudar e aprender cousas de memoria... e por iso queremos recitarvos o poema "A pulga e o piollo" que limos, estudamos e aprendimos axiña!!!
Que divertido!!
Que divertido!!
.
Pediculosis: prevención dos piollos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA
#DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...
-
Hi, CHILDREN! Today is a day to think about your RIGHTS and your DUTIES. This morning, we were talking about this. Do you remember? We ...
-
A Biblioteca Pública Municipal de As Pontes no seu obxectivo de fomentar a lectura e o préstamo de libros entre os veciños propón ...