Os larpeir@s da Fraga
prepáranse para unha nova semana da froita.
Durante esta "Semana do libro", cadrando co 23 de abril, expúxose o caderno elaborado polos diferentes cursos titulado "O país das froitas encantadas".
Nel nárrase a historia dunhas froitas e ademais contén receitas creativas, adiviñas, ditos, etc. que podedes ver nas mesas da entrada do colexio.
E para conmemorar o Día da Terra (22 de abril), plantamos tres árbores froiteiras autóctonas.
En primeiro lugar os profes Graña e Manolo,
fixeron os furados...
Despois chantamos unha pereira,
Finalmente, botaron abono e taparon, no que os alumnos e alumnas colaboraron activamente.
Esperemos que non tarden en darnos mazás, pereiras e cereixas ricas.