Calquera acto que lesione a integridade da muller.
CONTRA O MALTRATO HAI QUE DICIR
BASTA!
O BO TRATO E RESPECTO
ENTRE HOMES E MULLERES
É TAREFA PARA TODOS OS DÍAS DO ANO.
A Juan gústanlle as monecas, a camiseta rosa e os contos de princesas. Pero todos rinse del e dinlle que son cousas de nenas. .
Pincha na imaxe para ler o conto.
Dúas tartarugas que se namoran e ao principio todo vai ben, pero Arturo non quere que Clementina vaia pescar, enfádase si sae da casa e regálalle moitoas cousas non necesarias.......Clementina é infeliz. Ten a cuncha moi cargada, que fará?
Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria visitaron a capital chairega para afondar en coñecementos históricos o pasado 14 de outubro.
• Visita ao Museo de Prehistoria e
Arqueoloxía. En primeiro lugar viron un vídeo presentación, a continuación visitaron as exposicións cunha guía, seguidamente realizaron un obradoiro de cerámica, para finalizar cun recoñecemento de pezas arqueolóxicas.
• Comida na praia fluvial da
Magdalena.
• Camiñata pola marxe do río
Magdalena desde o rehabilitado Muíño do Rañego ata a praia fluvial, percorrendo o chamado Paseo do Soños onde están
instalados monumentos adicados a grandes artistas galegos e especialmente da Terra
Chá: Paco Martín, Manuel Mª Fernández
Teixeiro, Agustín Fernández Paz, Xavier P. Docampo, Darío Xoán Cabana, Xosé
Manuel Carballo, Margarida Ledo Andión, HelenaVillar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Ramón Chao Rego e Xulio Xiz Ramil.
•Visita á QueixeríaDon Crisanto en Moreda (Lanzós) onde nos
explicaron o proceso de produción do queixo de San Simón e outras
variedades e poidemos degustar do rico manxar.
•Parada no exterior da
Escola Habaneira de Santaballa para observar as reproducións arqueolóxicas
alí instaladas.
Un vagalume é unha illa diminuta extraviada na
noite máis densa. Cen vagalumes, unha constelación misteriosa que marca o rumbo
cara a outros universos. Así, con esa estratexia de luz, organízanse os libros
que moran nas bibliotecas. Son aloumiños fosforescentes que incendian os soños
e recompoñen os corazóns grises ata facelos recobrar o seu vermello brillante.
Calquera individuo que padeza a síndrome do corazón gris, debería poñerse en
mans dun experto e visitar unha biblioteca.
Para escribir un libro, ademais de facer malabarismos coas palabras hai que ser
unha desvergonzada ou un tolo. Un atrevido, unha excéntrica descontrolada!
Levar un calcetín de lunares, outro de raias e os pelos de punta. Unha crista
como as das cacatúas sería un peiteado ben interesante para un escritor. Só as
mentes máis disparatadas son aptas para escribir libros. Mais para custodialos
non chega con ter un desaxuste nos cables cerebrais. É indispensable ser de
fóra. Un extraterrestre. As bibliotecas albergan seres con antenas xiratorias,
cerebros milliométricos que memorizan títulos rebuscados, rimbombantes,
campanudos. As persoas que custodian os libros sempre me pareceron criaturas
singulares. Están dotadas de extremidades retráctiles que estiran e estiran ata
alcanzar aquel volume ao que semellaba imposible acceder. E logo, coma se nada,
recompóñense e todo volve á súa posición natural. Semellan seres humanos, mais
a pouco que os observes, percibirás que non son de aquí. Unha das cousas que
máis me fascina é o seu cerebro. Parécenme tan listos! Os libros fabrican
pensamentos. Pasar tantas horas dentro dunha factoría de ideas é bo para ter un
corazón vermello e brillante e unha cabeza chea de plans fantásticos.
Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día das Bibliotecas. Sería xenial
montar unha festa con confeti e pompas de xabón. Unha cousa grande. A min
encantaríame vestirme para tal ocasión coma o personaxe dalgún libro, sentar na
mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo, e agardar a que viñesen visitarme.
Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda.
Atreyu, Drácula e ata Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter
Långstrump. Podes poñer botas de pelo, plumas, zancos e sombreiros. Sombreiros!
Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente,
engaiolada polas cores e formas do meu chapeu:
—Sombrereira tola, que festa tan marabillosa! Sería tan amable de servirme unha
taza de té?
Eu serviríalla con moito gusto, poñendo cara de muller refinada, e logo as dúas
faríamos a un tempo ruído ao tragar. Soaría algo así como glup glup glup. E
antes de que nos dese tempo de botarnos a rir de xeito desenfreado, aparecería
o bibliotecario, como xurdido da nada, que para iso posúen a facultade de materializarse
diante de ti no momento máis inoportuno, e nos advertiría de que as bibliotecas
non son lugares aptos para ir merendar. Hai que recoñecer que son únicos
custodiando tesouros. Extraterrestres co corazón vermello e brillante. Que
cousa tan fantástica. Feliz Día das Bibliotecas!
Ledicia
Costas
"El increíble
niño come libros, cuenta
la historia de un niño que devora los libros; pero cuando decimos devorar es
porque lo hace literalmente, los mastica y los engulle. Movido por un
insaciable apetito de conocimiento, un día se come una palabra, luego un
párrafo, después una frase, hasta que termina por zamparse todos los libros que
encuentra: desde novelas, diccionarios, y enciclopedias hasta manuales de
historia o matemáticas, aunque sus favoritos siempre son los rojos. Hasta que
un día no sólo termina con una terrible indigestión, sino totalmente
confundido. Es entonces cuando descubre el verdadero secreto de la lectura: es
mejor leerlos y disfrutarlos poco a poco que pegarse el atracón."
" Los Fantásticos
Libros Voladores del Sr. Morris Lessmore, es una entretenida y
apasionante historia de las personas que dedican su vida a los libros y a
quienes los libros les devuelven el favor. Es una alegoría conmovedora y
humorística sobre los poderes curativos de una buena lectura. La historia gira
en torno al amor por los libros, su capacidad para iluminar nuestras vidas y lo
maravilloso que es sumergirse en la lectura."