O vindeiro martes, 17 de xaneiro, ás 17, 30 horas, celebraremos unha nova sesión da nosa escola de familias.
Nesta ocasión o tema a tratar vai sobre "como ensinar a comer", coa finalidade de orientar ás familias sobre a posta en práctica dunha alimentación axeitada e saudable.
Terá o formato de tertulia interactiva onde teredes ocasión de comentar, preguntar, aclarar calquera dúbida, curiosidade ou preocupación con Ana Isabel Fernández Escuredo, Licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e, ademais, nutricionista.
Por suposto, está aberta a todo o mundo, mamás e papás, avós, irmáns, tíos... ou simplemente persoas interesadas no tema, aínda que non pertenzan ao noso centro.
Esperamos que vos guste!!!