Os guepardos, por Xandre Domínguez



Xandre ven de presentarnos un extraordinario traballo sobre os guepardos!!


Que animais tan interesantes e, ao mesmo tempo, tan descoñecidos, porque só nos acordamos dos leóns e dos tigres... Sabíades que son os máis rápidos correndo??



Que traballo tan interesante!! 


Moitas grazas, Xandre, aprendimos un montón... Esperamos o teu próximo traballo!!!




" Os guepardos ", por Xandre Domínguez Rodríguez, de 2º EP. 











































.

O Titanic, por Amaia e Silvia, 2º EP




Amaia e Silvia presentáronnos un extraordinario traballo sobre o Titanic!!


Contáronnos a súa historia, e como se afundíu e ata nos trouxeron unhas miniaturas en 3D do mesmo Titanic e do iceberg que, por certo, fixo o pai de Silvia cunha impresora especial 3D!!!



Que pasada, como nos gustou e que ben o pasamos. Esperamos que pronto nos presentedes outro traballo!!


Grazas, Amaia e Silvia!!!




" O Titanic ", por Amaia Pumares e Silvia Calvo, de 2º EP. 











































.

"As froitas", Por Adriana Carballeira, 2º EP.


Adriana presentounos un gran traballo sobre as froitas, que resultou de especial interese porque nós no colexio temos ao longo do curso varias semanas da froita, na que só tomamos froita no recreo!!

Falounos das ssúas propiedades e características, das súas variedades e dalgunhas moi curiosas e raras: interesantísimo, Adriana, bravo!!!


Esperamos que axiña nos presentes outro traballo igual de interesante!!


Grazas, Adriana!!!




" As froitas ", por Adriana Carballeira Otero, de 2º EP. 











































.

CELEBRAMOS A SEMANA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro celébrase o

Día de Rosalía de Castro


ao coincidir esta data co seu nacemento.

Esta escritora galega está considerada como autora clave na literatura española do século XIX.

Mito e símbolo de Galicia, e autora de grandes obras como Follas Novas ou En las orillas del Sar. 

Foi unha escritora innovadora e comprometida, adiantada ao seu tempo, empleou o galego nas súas                     obras cando ninguén o facía.

propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e                                                                              unha flor, alén doutras accións.

E no cole A Fraga un ano máis participamos nesta celebración
coa realización de moitas actividades:

O alumnado de 3 anos fixo debuxos súper chulos da casa de Rosalía incluso trouxeron unha camelia.

O alumnado de 4 anos fixo un collage coa cara de Rosalía.

O alumnado de 5 anos escribiu poemas de Rosalía.

O alumnado de 1º EP escribiu poemas Rosalianos.

O alumnado de 2º EP  gravou unha lectura de poemas de Rosalía para a súa escoita no cole.

O alumnado de 3ºEP realizou dúas orixinais caricaturas de Rosalía.

O alumnado de 4ºEP traballou a súa biografía e
o alumnado de 
6ºEP elaborou sopas de letras e outros pasatempos sobre a súa obra.

Todos estes traballos están colocados nun expositor na Biblioteca do noso cole e poden ser visitados por todas as familias.

 Grazas a alumnos e titores polo seu compromiso e traballo.

FELIZ DÍA DE ROSALÍA.



BIOGRAFÍA DE ROSALÍA FEITA POLO ALUMNADO DE 4ºEP.




O circo de Xiana e Sofía Magdalena


Xiana e Sofía trouxéronnos unha gran sorpresa.

Un circo feito por elas, con malabaristas, leóns,.....

Un traballo xenial. 

Moitas grazas.









Celebramos o Día da Amizade. Feliz San Valentín!!!!

Os peques e pecas na clase de Reli e Valores celebramos o

Día da Amizade, San Valentín.

Reflexionando sobre os valores da amizade e compañerismo, 
para iso

escoitamos o conto Siembra un beso,

coñecimos a San Valentín e Cupido, 

fixemos postais,

 decoramos corazóns, 
e
escoitamos a canción Somos Valientes.

Moi ben feito peques e pecas!

Somos amigos!!!



Día da Amizade -


Canción Se Buscan Valientes.

Somos amigos



"O Reto Lector" na Biblioteca Municipal de As Pontes.

A Biblioteca Pública Municipal de As Pontes no seu obxectivo de fomentar a lectura e o préstamo de libros entre os veciños propón

 "O Reto Lector".

Haberá agasallo sorpresa para os que consigan o reto, como mínimo os peques deben ler 12 libros ao longo do ano e os maiores 14.

Ademáis a Biblioteca acolle actividades como

Xoves na Biblioteca

                                                                                Clubes de lectura,

                                                                                     Taller de escritura,
                                                                               ....

Animádevos peques e familias a participar e a pasar pola Biblioteca Municipal e 
pola Biblio do noso cole.



Como nos aconsella Roel

+ Lectura e - Televisión para coller o tren da imaxinación.

Escola de Familias: Os accidentes domésticos máis comúns. Febre e vómitos.


O vindeiro martes, 14 de febreiro, ás 17, 30 horas, celebraremos unha nova sesión da nosa Escola de Familias.

Nesta ocasión o tema a tratar vai sobre "Os accidentes domésticos máis comúns, febre e vómitos," coa finalidade de facilitar unhas pautas básicas de actuación en caso de accidentes no fogar e outras situacións habituais como febre ou vómitos

Como sempre, teredes ocasión de comentar, preguntar, aclarar calquera dúbida, curiosidade ou preocupación con María Varela Manso, médico da Área Sanitaria de Ferrol e pediatra no centro de saúde da nosa vila.

Por suposto, está aberta a todo o mundo, tanto ás familias do noso centro como a persoas interesadas no tema, aínda que non pertenzan á nosa comunidade educativa.

Esperamos que vos guste!!!

Sementamos árbores da Paz!!!

Os peques e pecas na clase de Reli celebraron a 

Semana da Paz facendo un traballo colaborativo sobre  Wangari Maathai. 

Debuxando

 O Bosque da Paz

 e  plantando

 Árbores da Paz.

Mirade nestes vídeos canto traballaron e que chulo lles quedou, agora toca esperar a que saian os tulipanes!!!

Excelente traballo! Parabéns!!
💙💙💚💛💜

Os peques e pecas de 2º EP sementaron a Tuli.














SEMENTANDO A TULI







Os peques e pecas de 5 anos sementaron a Gusanita.







E todos colaboraron no Bosque da Paz, Os peques de tres anos fixeron árbores con ollos; os de catro e cinco anos árbores con plastilina e todos os demáis cursos diseñaron árbores moi chulas. 
Moi ben feito!!!



Roel trouxo unha sorpresa.....MOCHILAS VIAXEIRAS

Pero que sorpresa tivemos!
Roel veunos visitar e trouxo tres 

MOCHILAS VIAXEIRAS

cheas de libros, xogos e música
para @s alumn@s de primeiro e segundo de EP.

Ademáis hai un caderno onde se pode escribir ou debuxar cousiñas.

Son para desfrutar en familia e pódense ter durante unha semana.

Grazas Roelllll!!!!

E como ti dis


+ lectura e - televisión para coller o tren da imaxinación.




24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...