O 8 de marzo aparece no calendario escolar coma un día de conmemoración sinalado pola Consellería de Educación. O Día Imnternacional da Muller.
En Galicia sempre houbo"
mulleres pioneiras, valentes,
talentosas, abnegadas, mulleres, nais, fillas, labregas, marisqueiras, ....."que abriron e fixeron camiño, como Irene, pioneira na práctica do fútbol en Galicia e no mundo; Concepción Arenal, que para poder estudar Dereito na Universidade tivo que disfrazarse de home; María Casares, grande actriz galega con éxito no teatro europeo,....e moitísimas máis!
Pensemos nas nosas nais, avoas, veciñas,......mulleres que traballan ou traballaban dentro e fóra da casa,....Por que non facerlles unha homenaxe? Se queredes recordalas enviade as súas fotos, comentarios,dedicatorias.... sempre dende o respeto e admiración a esta dirección de gmail e faremos unha publicación de todas elas, tamén podedes darllas dierectamaente a Cristina ( o envío da foto presupón a autorización para publicala) ata o 8 de marzo:
roeldafraga@gmail.com
A Sergio non lle importa o que pensen, quere facer un taller de cerámica. Os seus amigos critícano, pensan que iso é de chicas. Que pensas ti?