Reunidos os equipos directivos dos IES Moncho Valcarce e Castro da Uz, dos CEIP´S Magdalena, Santa María, A Fraga, e Mosteiro de Caaveiro (Capela) manifestamos o noso total desacordo co peche do CPI MONTE CAXADO, ca redistribución do alumnado de secundaria e coa incertidume creada nos centros da Vila de As Pontes cara ao futuro. Igualmente estamos en desacordo coa supresión dun mestre no Mosteiro de Caaveiro.
Centro Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria. As Pontes de García Rodríguez. A Coruña.
A igualdade, por Aitana, Arianne e David, de 2º EP
Hoxe, Aitana, Arianne e David, presentáronnos un traballo sobre a igualdade entre homes e mulleres impresionate!!!
Fixeron unha serie de entrevistas fabulosas a mulleres da vila, que explicaban a súa experiencia de vida laboral, persoal, nos tempos actuais e en tempos moi anteriores, os nosos avós, tempos nos que moitas veces as familias eran moitísimo máis numerosas que na actualidade, como a de Antonia, a familia do pai de Aitana, 12 irmáns, ou cando tiñan que emigrar para poder sacar a súa familia adiante como o caso de Enedina... ou tempos nos que nunca imaxinarían que houbera mulleres policia, médicas, concelleiras, etc...
A continuación tedes dous vídeos:
- En primeiro lugar tedes o traballo exposto en clase.
- En Segundo lugar tedes o vídeo que elaboraron con todas as entrevistas.
Super, super, superinteresante!!! Bravo!!!
Xenial, Aitana, Arianne e David, vades camiño de ser uns reporteiros fenomenais!!
Esperamos que o ano que ven fagades máis traballos destes... Grazas!!!
" A igualdade ", por Aitana, Arianne e David, de 2º EP.
" REPORTAXE: A igualdade ", por Aitana, Arianne e David, de 2º EP.
.
Etiquetas:
2º EP,
Centro Educativo,
Ciencias Naturais / Sociais,
Cultura,
Dinamización da Lingua Galega,
Igualdade,
Proxecto Educativo
Incendio na Fraga!!!

Simuladamente iniciouse o lume no almacén de deportes e deseguido chamamos ao 112, que procedeu a envíar aos voluntarios de Protección Civil co camión de bombeiros e á Policía Local para cortar a rúa e controlar o tráfico.
Nós, en tanto, desaloxamos as aulas e reunímonos no punto de encontro. Dende alí vimos todo o operativo, como chegaron co camión, foron ata o foco do incendio e rescataron a un "ferido" (un voluntario de Protección Civil), apagaron o lume coas mangueiras e, finalmente, co extractor botaron o fume fóra.
A continuación déronnos uns bos consellos para prevenir e actuar en casos de emerxencia e deixáronnos ver os equipos que usan nestes casos.
Moitas grazas aos efectivos de Protección Civil e da Policía Local!!!
Se queredes podedes ver a noticia da tele Local, RTV Eume: Moitas grazas!!
.
CELEBRAMOS O MEDIO AMBIENTE FACENDO UNHA SELVA.
O luns 5 de xuño celébrase o
Día Mundial do Medio Ambiente.
Esta data foi establecida pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas o 15 de decembro de 1972. Actualmente celébrase en máis de 100 países.
O lema
"Conectar as persoas coa natureza".
"El Día Mundial del Medio Ambiente 2017 nos anima a salir al aire libre y adentrarnos en los espacios naturales para apreciar su belleza y su valor, y a impulsar el llamamiento a la protección de la Tierra, nuestro hogar común. Reconéctate con la naturaleza, respira la belleza y recuerda que manteniendo al planeta sano, nosotros también permaneceremos saludables."
Dende a clase de Reli traballamos este día e o Día da Terra realizando un gran mural no que representamos unha selva e unha catarata. Recordamos tamén que é a nosa responsabilidade coidar A CREACIÓN.
Un traballo excelente peques e pecas. Aquí tedes as fotos e algún vídeo para reflexionar.
Exposición de morcegos na Fraga

Os morcegos son uns extraordinarios animais, mamíferos, que son capaces de voar na escuridade e teñen grandes cualidades para o equilibrio do noso medio ambiente.
Se vos achegades a ver a exposición ides descubrir cousas moi interesantes da súa vida.
Deixámosvos unhas cantas fotos para vos fagades unha idea.
Mediación na Fraga
O EQUIPO MEDIA-T DA FRAGA
Neste curso 2016/17 conseguimos o reto que nos marcaramos no curso anterior: formar un Equipo de Mediación. Como? Que non sabedes o que é un Equipo de Mediación?
DECRETO 8/2015, de 8 de enero, por el que se desarrolla la Ley 4/2011, de 30 de junio, de convivencia y participación de la comunidad educativa en materia de convivencia escolar.
Segundo o seu artigo 26: " A Mediación é unha estratexia de intervención imparcial para a resolución de conflitos en que unha terceira persoa axuda as partes implicadas a alcanzar un acordo satisfactorio para ámbas as dúas".
Con eles compartimos
varias sesións de convivencia nas que realizamos moitas actividades:

Dinámicas de grupo e xogos cooperativos.
Formámonos cos nenos e nenas de Aldeas Infantís e fixemos a primeira excursión ao seu centro.
Realizamos un concurso para ter o logo do equipo.
Pois comencemos por saber o que é a Mediación Escolar.
A Mediación é un método para a resolución pacífica de conflitos na que os membros dun conflito queren, voluntariamente resolver o seu problema e piden axuda a un mediador/a imparcial, para elo.
Neste caso, solicítase ao Equipo de Mediación do cole a mediación dun conflito no que os mediadores axudan a que os conflitados propoñan solucións para o seu problema de mútuo acordo, non damos a solución ao problema pero velamos para que as solucións sexan xustas para as partes.
O noso Equipo Media-T, está formado por dous grupos de alumnos e un de mestres, onde temos moitas funcións ademais da figura do mediador/a.
Dende o pasado curso recibimos formación por parte do Equipo de Mediación de Aldeas Infantís de Redondela.
Con eles compartimos
Dinámicas de grupo e xogos cooperativos.
Practicamos a técnica de Role Playing, propia de mediación.
Formámonos cos nenos e nenas de Aldeas Infantís e fixemos a primeira excursión ao seu centro.
Realizamos un concurso para ter o logo do equipo.
Mediamos conflitos reais e inventados, con personaxes de cancións, pintamos murais sobre a mediación...
Moitas grazas por formar parte deste Equipazo!
Regresamos de Roma e facemos O Camiño de Santiago.
A fervenza do río Belelle, por Leire Allegue, 2ºEP
Hoxe, Leire, presentounos un traballo sobre a fervenza do río Belelle. Foi coa súa familia de excursión para preparalo e fixo unhas fotos preciosas.
Tamén buscou un montón de información sobre o río Belelle, onde nace, canto mide, por onde pasa... Superinteresante!!!
Eo que máis nos impresionou foi a fervenza ou cascada: deixounos coa boca aberta!!!
Xenial, Leire, seguro qeu moitos de nós aproveitamos para facer isa excursión e coñecer esa maravilla da natureza!!
Esperamos que máis adiante nos presentes outro traballo... Grazas!!!
" A fervenza do río Belelle ", por Leire Allegue Bouza, de 2º EP.
.
A arca de Noé, por Estela e Adriana, 2º EP.

Estela e Adriana presentáronnos u fantástico traballo, que prepararon para a área de Relixión, sobre Noé e a arca que construíu para salvar á súa familia e aos animais para que repoboaran a Terra despois do Diluvio Universal.
Acompañáronnos os nenos enenas de 5 anos, que estaban moi interesados neste tema e fixeron un montón de preguntas!!!
Bravo, Estela e Adriana, impresionante o voso traballo e a fantástica reconstrucción que fixestes da arca e dos animais, así como de Noé e a súa familia!!
Esperamos que máis adiante nos presentendes outro traballo... Grazas!!!
" A arca de Noé ", por Estela Baamonde e Adriana Carballeira, de 2º EP.
.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Hi, CHILDREN! Today is a day to think about your RIGHTS and your DUTIES. This morning, we were talking about this. Do you remember? We ...
-
A Biblioteca Pública Municipal de As Pontes no seu obxectivo de fomentar a lectura e o préstamo de libros entre os veciños propón ...