Viña de África cargado de mochilas viaxeiras para 3º e 4º E.P.
e aproveitou para saudarnos.
Que ledicia!!
Mirade que carta máis chula nos deixou.
Grazas Roel,
Ata pronto.
Ola de novo, nenos e nenas:
Como xa sabedes continúo dando a volta ao mundo. Acabo de voltar de África e xa estou a pensar na aventura pola India. Como me gusta o meu recuncho do cole con todos os recordos das viaxes!!!! Está xenial!!!
O reto, as cantigas, os meus mandadiños…Cantas cousiñas!
Pero agora teño unha gran sorpresa: Mirade que mochilas!!
Espero que as disfrutedes. Son moi chulas!!
Que credes que hai dentro?
Dicide, dicide……….quen o adiviña?
Pois si, aquí dentro hai un tesouro: libros, xogos, música,….
e un caderno para que me escribades e debuxedes o que queirades.
Xa estou desexando ver todo o que facedes.
Son mochilas para disfrutar en familia e podedes telas na casa
durante unha semana. Pero coidade moi ben o seu contido.
Bicos roelanos!!!.
Non vos esquezades de escribirme e debuxarme algo no caderno!!!