FIXEMOS O CAMIÑO DE SANTIAGO

Que ben o pasamos e como camiñamos!!! Toda unha experiencia!!!

O xoves fixemos un tramo do Camiño francés, un día excelente, moi cansado, pero moi bonito e que quedará no recordo de todos.

Dende aquí queremos dar as grazas a tod@s os que fixéchedes isto posible: aos peques e pecas que nos deron unha gran lección coa súa responsabilidade e camiñaron os 14 km con gran enerxía disfrutando de todo.
 A ANPA, pola súa colaboración económica e aos papás e mamás que nos acompañaron e axudaron en todo, e a todos aqueles que querían vir e non puideron, mil grazas.
Aos profes, que sen eles isto non se pode sacar adiante, á nosa directora que deixou "o barco" por un día para acompañarnos e ao noso profe Carlos que sen él non poderíamos disfrutar destas xornadas de convivencia.
Aquí tedes algunhas fotos, a próxima semana colocaremos todas as que faltan.
Bo verán para tod@s!!




"HIJOS DE UN MISMO DIOS"

Para todos vos, e en especial para os peques 
e pecas que nos deixan este curso dedícolles esta canción "Hijos de un mismo Dios" de Macaco.

 Nesta canción faise unha reflexión sobre a incomunicación nun mundo hiper-conectado.

 Narra como o home vive, acostúmase e acaba anestesiado ante certos síntomas que padece a sociedade actual.

Unha das imaxes finais, o cable vermello co enchufe, é unha invitación á unidade dos homes para rescatar os valores.

Se somos fillos dun mesmo Deus, por que nos tratamos así?

 Deus respeta a liberdade do home, pero ás veces facemos un mal uso desa liberdade.

Nas vosas mans está facer deste mundo un lugar mellor.

Moito ánimo e éxitos!! Ata sempre. Bicos!!!

PARA REFLEXIONAR
MIRA AS IMAXES E PENSA O QUE NOS QUEREN DICIR........





















Saída a Marcelle: Ed. Infantil, 1º e 2º de EP

DSC_0308Hoxe fomos a Marcelle, a ver os animais e a pasalo moi ben coas actividades que ali teñen… Pasámolo xenial!!!

 

Para que vos fagades unha idea deixámosvos o enlace á galería de fotos… Botádelle unha ollada, xa veredes que ben o pasamos!!

 

GALERÍA DE FOTOS MARCELLE 2015

 

.

PEREGRIN@S: DE PALAS DE REI A MELIDE

Ola peregrin@s!

O próximo día 11 faremos unha andaina que corresponde a unha etapa do Camiño de Santiago, Palas de Rei-Melide, sobre 14 km. Se queredes coñecer un pouquiño máis sobre o percorrido pinchade nas seguintes imaxes.

Moito ánimo a tod@s nesta etapa final de curso.











PINCHA NAS SEGUINTES IMAXES PARA TER MÁIS INFORMACIÓN.






















































5 DE XUÑO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Ola peques e pecas!
O 5 de Xuño foi proclamado polas Nacións Unidas como Día Mundial do Medio Ambiente no ano 1972. Faise coa finalidade de que entendamos a importancia de protexer e conservar todo o que nos rodea e que nos foi dado de forma gratuita. A nosa obriga é conservalo.
  Italia é o país anfitrión este ano co eslogan " Sete mil millóns de sonos. Un só planeta. Consume con moderación."
 Tod@s podemos coidar o Medio Ambiente dende a nosa casa, dende a escola,.....tod@s podemos aportar.


PEQUENOS CONSELLOS































































CANTAMOS  CON PLIM PLIM E CON DOKI















XOGAMOS












CORTOMETRAXE SOBRE O DESPERDICIO DE ALIMENTOS

CRISTIANISMO E RELIXIÓNS MONOTEÍSTAS

Todos os cristiáns temos a mesma fe, Jesucristo, pero non estamos unidos nunha mesma igrexa. Así temos Igrexa Ortodoxa, Catolicismo e Igrexas Protestantes.



MOTHER EARTH SONGS

These two songs remind us to take care of our home planet.

22 ABRIL DÍA DA TERRA.

"A palabra "nai" recórdanos a persoa que nos trouxo ao mundo, que nos axudou a convertirnos en quenes somos agora. 

A TERRA é a nosa nai: un planeta que sustenta a vida. Os seres humanos co tempo deixamos de depender do coidado materno constante, pero nunca deixamos de depender da nosa NAI TERRA.

Durante toda a vida necesitamos aire, auga, terra fértil, .......
Polo tanto non poñamos en perigo tantos sistemas que levan funcionando en harmonía dende fai milenios.
Cada vez somos máis conscientes dos estragos que causa a nosa especie humana: contaminación, escasez de recursos, extinción de especies de flora e fauna,....

As nosas decisións sobre o planeta teñen consecuencias para as xeracións futuras. Sabendo todo isto podemos cambiar a nosa forma de actuar."ONU

Os nen@s da clase de 5 anos estiveron traballando este tema e fixeron un traballo ben chulo chegando a moitas conclusións. Aquí están as imaxes.





















































PINCHA AQUÍ PARA MÁIS INFORMACIÓN

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...