Visita de Barosa ao Castelo da Fraga

A semana pasada recibimos no noso castelo a visita da Escola Infantil Municipal Barosa.  Que bo rato pasamos!!!

Agradecémosvos os vosos agasallos para o castelo: un cabalo, un escudo, unha espada e un casco... todo o equipo para o noso cabaleiro Robustiano!!

Esperamos que vos gustara e moitos bicos para todos/as!!

Aquí deixámosvos unha pequeniña mostra do voso paso polo Castelo da Fraga!!

UN GRAN SORRISO PARA OS NEN@S CON CANCRO.

Ola peques e pecas, 


cada día contaxiádesnos de alegría, ilusión, cariño,....e emocións.



Como é o caso dun alumno de 4ºEP, ao que 

sabemos que lle gusta o fútbol, é un bo compañeiro, un neno moi alegre e xoguetón, cun gran corazón. 

E ademáis ten pensado levar un gran sorriso
 aos nen@s con cancro.


Doará o seu pelo para que se faga unha perruca
 que poida ser usada polos guerreiros que sofren esta dura enfermidade.

Adiviñades quen é?


Bravo Anxo!!


Xestos coma este levan esperanza e axudan a mellorar a calidade de vida e sensibilízanos do importante que é ser diagnosticado o antes posible, porque o tempo sí importa. E do importante que é ter Unidades de Oncoloxía Pediátrica nos hospitais de maneira que tódolos guerreiros teñan as mesmas oportunidades de ser atendidos e de curarse.

"Os nenos temos o mundo aos nosos pés.
Algúns queremos ser científicos e artistas,ou todo á vez.
Outros seremos os novos profesores, bombeiros, avogados, ou os novos médicos. 
Pero os nenos o mellor que temos,
é que podemos soñar con ser calquera cousa e chegar a selo."
Enlaces de interés:

Recordatorio 2ª sesión Escola de Familias


Querémosvos lembrar que mañá, martes 1 de marzo, ás 16, 30 horas, celebraremos a segunda sesión da nosa escola de familias.

Nesta ocasión o tema a tratar vai sobre as "rabietas, caprichos e berrinches", que son, e a súa relación co establecemento de normas e as consecuencias a aplicar.

Deixámosvos a nota informativa desta sesión e invitámosvos a todas e todos a asistir e participar.

E, por suposto, está aberta a todo o mundo, mamás e papás, avós, irmáns, tíos... ou simplemente persoas interesadas no tema, aínda que non pertenzan ao noso centro.

Esperamos que vos guste!!!

Escola de Familias: "Rabietas, caprichos e berrinches..."



O vindeiro martes, 1 de marzo, ás 16, 30 horas, celebraremos a segunda sesión da nosa escola de familias.

Nesta ocasión o tema a tratar vai sobre as "rabietas, caprichos e berrinches", que son e a súa relación co establecemento de normas e as consecuencias a aplicar.

Deixámosvos a nota informativa desta sesión e invitámosvos a todas e todos a asistir e participar.

E, por suposto, está aberta a todo o mundo, mamás e papás, avós, irmáns, tíos... ou simplemente persoas interesadas no tema, aínda que non pertenzan ao noso centro.

Esperamos que vos guste!!!

Día de Rosalía de Castro

Un ano máis o 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)  propón á cidadanía que se agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.

E, así, no Cole da Fraga imos celebralo elaborando e enviando unha postal cun verso que actúa de estímulo creativo para que rapazas e rapaces realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro. 

Como texto a seguinte estrofa de “Alborada”, de Cantares gallegos:

Canta, paxariño alegre, canta!
Canta porque o millo medre, canta!
Canta porque a luz te escoite, canta!
Canta que fuxeu a noite.


Aquí podedes ver como quedou o traballo colectivo que fixemos para a entrada do cole:



Na casa pronto volo recitarán as vosas fillas e fillos.

               Feliz Día de Rosalía!!


.

24 DE FEBREIRO- DÍA DE ROSALÍA

 O 24 DE FEBREIRO conmemoramos o día da nosa poetisa ROSALÍA DE CASTRO. Con tal fin e para contaxiarnos da beleza das súas palabras cada neno e nena do cole levará para compartir coa súa familia uns versos....disfrutádeo.


BUZÓN DA AMIZADE

Esta semana recibimos o noso BUZÓN DA AMIZADE!!!!, que ilusión!

Preguntaredesvos que cousa é esa...pois mirade, os nenos e as nenas de 2º de EP estamos facendo novos amigos. Cada un de eles e elas fixeron un amiguiño ou unha amigiña do CEIP Mosteiro de Caaveiro da Capela. Escribíronlle unha carta e xa recibiron tamén unha deles.


Que bonito é ter novas amizades!!!!
Aquí temos algunha das probas gráficas da entrega dos buzóns en cada un dos coles.




 

Novos números de teléfono


Vimos de renovar a nosa infraestructura telefónica e temos nova numeración:

Teléfono: 881 938 156

Fax:        881 938 157



Igualmente poden poñerse en contacto con nós a traves do correo electrónico mediante as direccións:

info@ceipafraga.org

ceip.afraga@edu.xunta.es




24 de Febreiro!!! Día de Rosalía de Castro


Coma acostumamos a facer cada 24 de febreiro no cole, este ano tamén imos celebrar o día de Rosalía de Castro.

Este ano compartiremos unha actividade con moitos outros centros de Galicia e coas nosas familias...que será???

"A pulga e o piollo"



"A pulga e o piollo",  1º EP curso 2015-16.
 
 
Os rapaces e rapazas de 1º de Primaria estamos traballando para mellorar a nosa lectura e, tamén, para aprender a estudar e aprender cousas de memoria... e por iso queremos recitarvos o poema "A pulga e o piollo" que limos, estudamos e aprendimos axiña!!!

Que divertido!!










.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...